SIEX Informática
Cargando contido, agarde un intre...
 BOXEO
Dobre velada no Porriño
A Federación Galega de Boxeo, en colaboración co Centro de Boxeo Ifco, organiza unha dobre velada no Pavillón Municipal do Porriño esta próxima fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de xullo, durante a cal vanse disputar as semifinais dos Campionatos Galegos de Boxeo Olímpico e tamén dous combates profesionais.

 CICLISMO
Catro fixos máis cinco incógnitas
O equipo do Xacobeo Galicia para a Volta a España construirase sobre a base de "catro corredores fixos", segundo vén de indicar Álvaro Pino, manager xeral, para engadir que "os demais terán que gañar o posto nas carreiras previas".

 TENIS DE MESA
Vintecatro horas xogando sen parar
Das 17.00 horas do sábado 11 de xullo ata as 17.00 do domingo 12 dispútase de xeito ininterrompido no Pavillón Municipal de Gondomar o "IV Torneo Internacional 24 horas A. D. Vincios", organizado pola propia Agrupación Deportiva Vincios para as categorías Benxamín (nados en 1999, 2000, 2001 e posteriores), Alevín (1997 e 1998), Absoluta (sen límite de idade) e Afeccionados (sen licenza, agás 3ª...

 BALONCESTO
Comezaron os campus de verán do Concello de Baiona
O presente verán do 2009, a Concellaría de Deportes de Baiona presenta un amplo e variado programa deportivo, pero destaca dun xeito especial a oferta orientada aos campus, deseñados entre todos os clubs deportivos locais que quixeron participar -Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club Balonmán Baiona, Club de Loita Sabarís e Baitra Fútbol Sala- e a propia Concellaría de Deportes, que elaboraron...

 TENIS DE MESA
A AD Vincios organiza un campus para nenos
A Agrupación Deportiva Vincios organiza un campus para nenos de ambos os dous sexos de 6 a 14 anos, que comeza o luns, 6 de xullo, e se prolongará ata o 10 do mesmo mes, sempre en horario de 17.30 a 19.00 horas.

 BÁDMINTON
Tres cadetes das Neves competiron en Aranda de Duero
Do 23 ao 28 de xuño de 2009 disputouse en Aranda de Duero (Burgos) o Campionato de España Infantil e Cadete de Bádminton coa participación de Galicia dentro da Competición Escolar por Seleccións que...

 FÚTBOL
Un internacional para o Rápido
O Rápido de Bouzas vén de contratar e presentar ao internacional albanés Gledi Mici, que será o 9 do Xuvenil de División de Honra do cadro vigués neste próximo curso. Mici, que debutou na Liga de...

 TENIS
Adam Sanjurjo e Arianna Paules vencen no Manuel Alonso
Disputouse nas instalacións do Club de Campo de Vigo o Campionato Galego Infantil - Fase Territorial do Trofeo Manuel Alonso, nas modalidades masculina e feminina, que tivo como respectivos gañadores...

 TENIS
Os benxamíns Iago Salvador e Mar Borrás, campións galegos
Disputouse o Campionato Galego Benxamín 2009 - Copa Talesport, nas modalidades masculina e feminina, torneo que tivo lugar nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán, privilexiado...

 NATACIÓN
Luis Leiro bate a marca galega de 400 estilos
Vén de disputarse na piscina Rías do Sur de Pontevedra o Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior de Verán, no que Luis Leiro Álvarez, nadador do Náutico de Vigo que ten concedida unha bolsa na...

 NÁUTICA
García faise co Trofeo Caixanova
A fin de semana do apelido García. Disputouse na Ría de Vigo o Trofeo Caixanova de Platú 25 e Catamaráns a Vela que organizou o Club Marítimo de Canido, derradeira cita do Circuíto Internacional para...


 ENQUISA


Hai un total de 19 votos

Quen é o principal responsable da nefasta tempada do Real Club Celta en 2ªA?


















Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Tódolos dereitos reservados