![]() | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Home Page > futbol | |||||||||||||||||
Galiza Nova e a Asociación Xuvenil MZS abren un novo prazo para a reserva de entradas do partido da selección galega en Balaídos | |||||||||||||||||
17-12-2007
Ante a demanda de entradas en asistir sólo o partido da selección galega contra Camerún que comenzará ás nove da noite, do xoves día 27, Galiza Nova e MZS informan que abren un novo prazo para a reserva de entradas ata o sábado 22. Ambas entidades confirman, ademáis, que se contará con dous horarios de autobuses a Balaídos con motivo do partido que a selección galega de fútbol vai celebrar contra a selección de Camerún e que contará con Samuel Eto’o. Para poder ver tamén a estrea da selección feminina, saírá un bus ás 18:00 horas. Para os que non poidan ir a esta hora, sairá outro bus ás 19:45. En ambos casos, A Casa da Triga será o punto de encontro previo e os autobuses sairán da Rúa Real, frente a fonte, en Ponteareas. Os interesados en animar á selección galega poden reservar xa a entrada a Balaídos e praza no bus na Casa da Triga, praza maior 19, despois das 7 da tarde ou polas mañáns no teléfono 986 644 026.
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |