futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > futbol

O Alondras proclámase vencedor da II copa de fútbol da Deputación nunha disputada final contra o Coruxo no campo de Pardellas

01-05-2008

 



Autor:


El Coruxo sorprende al Negreira y ya es cuarto 22-10-2007 El Coruxo sorprende al Negreira y ya es cuarto
Caras opuestas las del Rápido de Bouzas y el Coruxo. Los boucenses se recuperan de su delicado comienzo de liga al vencer al Alondras, que continúa en puestos templados de la tabla. Por su parte, el...
Richi y Jordi, refuerzos para el equipo 24-05-2008 Richi y Jordi, refuerzos para el equipo
El intenso trabajo de los responsables de la cantera del Real Club Celta en la planificación de la próxima temporada continúa dando frutos. El club ha cerrado la...
 

O Alondras proclamouse esta tarde gañador da final da II edición da Copa de Fútbol da Deputación, logo de vencer na quenda de penalties ó Coruxo, nun partido moi disputado que mantivo o marcador igualado a cero ata o asubío final do árbitro.

 

O conxunto de Cangas necesitou chegar ó cuarto lanzamento dende o punto de penalti para impoñerse ós vigueses, que loitaron ata o último intre por facerse coa vitoria.

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o delegado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, foron os encargados de facer entrega dos trofeos de campión e subcampión respectivamente ó Alondras e o Coruxo. Ademais, o gañador percibirá un total de 6.000 euros e o finalista, 5.000 euros.

 

Así dase por rematada a segunda edición deste trofeo, que reuníu este ano a un total de 27 equipos da provincia, e repartíu un total de 60.000 euros entre os participantes.

 

Outros actos

A xornada maratoniana do deporte en Ponteareas incluíu, ademais da disputa da final en Pardillas, a concentración de todos os nenos das Escolas Provinciais de Fútbol da Deputación, que xuntou no campo de herba artificial a máis de 400 nenos de toda a provincia. Alí disputáronse ata cen minipartidos ó longo do día.

 

Tamén houbo actividades para os máis novos, inchables, comida, xogos varios e o final da xornada, todos recibiron unha mochila con equipación deportiva.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com