29-06-2008
A fase final da Copa do Futuro Deputación de Pontevedra estáse a xogar no vigués campo do Comesaña esta fin de semana. Durante o sábado disputouse a fase de grupos; o domingo, dende as 9.30 da mañá, iranse dilucidando os 12 primeiros postos.
Verdugo e Rápido de Bouzas, no grupo amarelo; Lalín e Colexio Santiago Apóstol, no verde; Balaídos e Chapela, no azul; e Cruceiro A e Arosa no vermello, son os oito equipos cuartofinalistas que domingo loitarán por un posto na gran final. Os enfrontamentos de cuartos son os seguintes: Verdugo – Colexio Santiago Apóstol; Balaídos – Arosa; Rápido de Bouzas – Lalín; e Chapela – Cruceiro A. Tras eses duelos, os non clasificados para semifinais pelexarán nas eliminatorias polos postos do 5º ao 12º. A gran final está prevista para as 13,30 horas.
|