futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > futbol

Cruceiro conquista para Hío a Copa do Futuro Deputación de Pontevedra

29-06-2008

 

Os rapaces do Cruceiro reciben a Copa de campións
Previous - Next


Autor:


El Coruxo sorprende al Negreira y ya es cuarto 22-10-2007 El Coruxo sorprende al Negreira y ya es cuarto
Caras opuestas las del Rápido de Bouzas y el Coruxo. Los boucenses se recuperan de su delicado comienzo de liga al vencer al Alondras, que continúa en puestos templados de la tabla. Por su parte, el...
Richi y Jordi, refuerzos para el equipo 24-05-2008 Richi y Jordi, refuerzos para el equipo
El intenso trabajo de los responsables de la cantera del Real Club Celta en la planificación de la próxima temporada continúa dando frutos. El club ha cerrado la...
 

Rematou en Vigo (campo do Comesaña) a Copa do Futuro Deputación de Pontevedra, cun vencedor: o Cruceiro A de Hío, que logrou ser mellor que todos os seus rivais ao longo da competición e acabar coroándose como mellor equipo prebenxamín da provincia, nunha competición na que participaron case 1200 nenos e 92 clubs.

Logo da xornada do sábado, a do domingo partía de cuartos de final. Estes foron os resultados:
Verdugo-Colexio Apóstol Santiago: 0-2
Balaídos-Arosa: 3-2
Rápido de Bouzas-Lalín: 1-1 (Gaña Lalín nos penaltis)
Cruceiro A-Chapela: 3-2

Logo destas interesantes eliminatorias, dilucidáronse os postos do 9º ao 12º. Tras deles, do 5º ao 8º. Despois, tempo de semifinais.
Os vigueses Colexio Santiago Apóstol e Balaídos decidían o primeiro finalista. Foi Balaídos, pois gañou 0-2.
Na segunda semifinal Cruceiro A impúxose a Lalín tamén por 0-2.
E chegou a hora da gran final, en torno ás 13,30 horas. Balaídos-Cruceiro A. Houbo oportunidades para os dous conxuntos, pero Cruceiro foi quen de superar ao seu rival e alzarse co trofeo. 1-4 foi o resultado.

Dese xeito e logo de disputados todos los partidos, a clasificación definitiva da Copa do Futuro Deputación de Pontevedra nos seus primeiros 12 lugares, quedou así:
Cruceiro A
Balaídos
Lalín
Colegio Santiago Apóstol
Rápido de Bouzas
Arosa
Chapela
Verdugo
Santa Mariña
10º A. Juvenil de Lérez
11º Arcade
12º Porriño

Ademais, houbo agasallos para os mellores xogadores do torneo. Diego Somoza, máximo goleador; Brais Vázquez, porteiro menos goleado.

Chema Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, foi un dos encargados de entregar os premios aos campións. Xunto del, estiveron José Enrique Sotelo, deputado da área de Deportes da Deputación; Fran Teixeira, técnico da institución; e os presidentes de Comesaña e Areosa.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com