futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > baloncesto

O Campionato de España Junior de Baloncesto enfronta a oito equipos de distintas autonomías

06-05-2008

 

Este Campionato foi presentado este mediodía na Casa do Concello de Tui coa presenza do Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, o Adestrador do Gestibérica Maristas Junior, Vicente Rodríguez, o Presidente do C.B. Tui , Juan Miguel Diz Guedes, e o Concelleiro de Deportes de Tui, José Prada.


Autor:


La derrota frente al Extrugasa no debe empañar la gran campaña del Celta Vigourban 07-05-2008 La derrota frente al Extrugasa no debe empañar la gran campaña del Celta Vigourban
La buena temporada cosechada por el Real Club Celta Vigourban da sus frutos. Sin embargo, hubo un final triste tras perder contra el Extrugasa en el play off por Europa que no debe empañar una gran...
Svitlica aterriza en Vigo 20-10-2007 Svitlica aterriza en Vigo
Traslos problemas para conseguir el visado y poder aterrizar en España, por fin pudo estar ayer con sus compañeras y realizar los primeros entrenamientos y así poder ser partícipe del primer partido...
 

O Baloncesto vai ser protagonista esta semana en Tui coa celebración da fase interautonómica grupo norte do Campionato de España Junior de Baloncesto. A cita será dende o xoves e até o domingo no vello pavillón de deportes. Participarán oito equipos, tres galegos, tres de Castela-León, un asturiano e outro cántabro. A organización corresponde ao CB Tui.

A celebración desta fase en Tui, máis aló das repercusións propiamente deportivas, ten tamén a súa repercusión positiva na hostalaría con algúns totais cunha ocupación do 100%.

Amais ante a gran afluencia de público que se agarda colocarase unha grada supletoria e cadeiras a pé de pista para ampliar o aforamento do pavillón municipal.

Os partidos do grupo A no que se enfrontará o Cidade de Lugo 90, o Ecole Art-Chivo da Fresneda, o Leonés Baloncesto, e a Escola Municipal Iberpistas A de Ávila xogarán o xoves, venres e sábado ás 10 e ás 12 do mediodía.

No grupo B compiten o Valladolid Maristas, o Gestibérica Maristas de Vigo, o Piélagos de Renedo e o Caixanova Rosalía de Santiago. A competición será o xoves, venres ás 17 e 19h e o sábado ás 16.30 e ás 20.30.

O domingo disputarase a final, ás 10 da mañá, entre o 1º do grupo A e o 2º grupo do Grupo B, e ás 12 enfrontaranse o 1º do grupo B e o 2º do grupo A. Os equipos vencedores destas dúas finais clasifícanse para a Fase Final que se disputará en Almería.

Este Campionato foi presentado este mediodía na Casa do Concello de Tui coa presenza do Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, o Adestrador do Gestibérica Maristas Junior, Vicente Rodríguez, o Presidente do C.B. Tui , Juan Miguel Diz Guedes, e o Concelleiro de Deportes de Tui, José Prada.

Jose Prada destacaba na súa intervención que "este evento dará a Tui máis realce deportivo" e que competicións coma estas veñen propiciadas polas excelentes infraestruturas con que conta a cidade.

Pola súa banda o Presidente da Federación Galega de Baloncesto amosou o seu agradecemento ao Concello de Tui que está conxugando "deporte e turismo". Ao tempo destacaba que é un éxito que tres equipos galegos participen nesta fase, agardando que algún deles se clasifique para a final.

O presidente do C.B. Tui, Juan Miguel Diz Guedes, agradeceu á Federación ao apoio que brinda ao baloncesto galego e ao club que preside en particular. Agradecemento que fixo extensivo ao Concello pola estreita colaboración cara o deporte e en concreto co baloncesto. Remataba desexando que "este evento sexa unha ponte a futuros eventos de maior transcendencia e maior ámbito".

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com