O Xuvenil Feminino do clube porriñés clasificouse para xogar a fase final do campionato estatal ao proclamarse gañador da fase estatal sector A celebrada no Porriño. As porriñesas impuxéronse nos tres partidos disputados ante o Aula Cultural de Valladolid, o Aceuchal de Badajoz e o Farho de Xixón. A fase final desputarase en Madrid entre os días 7 e 11 de maio. As rivais das galegas serán Alcobendas, Remudas, Puig d´Valls, Zarautz e Fuengirola.
O concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez, quixo felicitar ao Balonmán Porriño polos éxitos acadados recentemente no Campionatos Galegos Feminino e na Fase A do Estatal celebrado no Porriño. "O Balonmán Porriño é xa un referente deportivo do noso municipio, tanto polos éxitos deportivos que acumula, como, e o máis importante, pola súa laboura a prol do deporte base. Desde o concello queremos darlle todos os ánimos necesarios cara a disputa da Fase Final do Campionato Estatal Xuvenil, onde representarán a Galiza e de seguro farán un gran papel", afirmou Marcos Rodríguez Manuel