O Pazo Provincial acolleu hoxe a
presentación dos partidos amistosos que xogará a selección española de balonmán
en Tui e Cangas contra Portugal. Os partidos disputaranse o venres 26 ás 21
horas no pavillón municipal de Tui (con capacidade para máis de 1.500
espectadores) e o sábado 27 no pavillón de Cangas ás 19.00 horas.
No acto participaron os xogadores David
Barrufet e Demetrio Lozano, ademais do adestrador, Juan Carlos Pastor, o
presidente da Deputación, Rafael Louzán, o deputado delegado de Deportes, José
Enríque Sotelo, e os presidentes da Federación Española e Galega de Balonmán.
Pastor puxo de relevo que este ano hai
moitas competicións, “é unha temporada moi complicada porque todos os equipos
queren gañar polo que cada vez falamos de competicións máis difíciles”.
A selección de balonmán está traballando
actualmente na preparación do campionato europeo que se celebrará en Noruega o
vindeiro mes de xaneiro e, posteriormente se todo vai sobre o previsto,
participarán nos xogos olímpicos de Pekín.