futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > balonmano

O Campionato de España de Balonmán, no IFEVI

03-01-2008

 

O futuro do balonmán nacional poderase ver a partires de mañá no IFEVI


Autor:


03-04-2008 El Octavio puede asegurar su permanencia el sábado
El Octavio recibe en casa este sábado al Naturhouse La Rioja con la ilusión de celebrar la permanencia ante la afición viguesa. Y es que a cinco jornadas del final del campeonato, una victoria el...
22-03-2008 El Teka y el Algeciras se hunden
La derrota del Pilotes POsada en Pamplona apenas daña al conjunto de Quique Domínguez que prácticamente tiene garantizada la permanencia, pues los dos últimos no muestran capacidad alguna de reacción.
 

O campionato de España de balonmán nas categorías infantil e cadete comezará mañá na súa competición, despois de que hoxe se realizara a inscrición de todas as delegacións. Este torneo, que se celebrará no IFEVI, reúne en Vigo a 2.000 deportistas ademais dos familiares que acompañan aos nenos e nenas na competición, aproveitando as datas festivas. 

Nesta primeira xornada de competición debutarán as catro seleccións galegas (infantil e cadete, tanto masculina coma feminina e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, desprazarase ata o IFEVI para acompañar aos equipos galegos na súa estrea. O equipo infantil masculino galego debutará ás 12:00 contra Catalunya, mentres que ao conxunto feminino lle corresponderá facelo ás 13:30 horas contra Andalucía. Mentres, no caso dos cadetes, o equipo masculino xogará contra Catalunya ás 16:00 horas e o feminino fronte a Andalucía (17:30 horas). 

Ademais da competición, intensiva nos pavillóns do IFEVI, mañá tamén comezarán as xornadas A formación do xogador/a como obxectivo, a partir das 10:45 horas. No acto de inauguración das xornadas estará presente a delegada provincial da Consellería de Cultura e Deporte da provincia de Pontevedra, María Xesús López Escudeiro. A primeira ponencia correrá a cargo de Xesco Espar, técnico do F.C. Barcelona, e ten o título de Como se forma a intelixencia do xogador

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com