O campionato de España de
balonmán nas categorías infantil e cadete comezará mañá na súa competición,
despois de que hoxe se realizara a inscrición de todas as delegacións. Este
torneo, que se celebrará no IFEVI, reúne en Vigo a 2.000 deportistas ademais
dos familiares que acompañan aos nenos e nenas na competición, aproveitando as
datas festivas.
Nesta primeira xornada de
competición debutarán as catro seleccións galegas (infantil e cadete, tanto
masculina coma feminina e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto,
desprazarase ata o IFEVI para acompañar aos equipos galegos na súa estrea. O
equipo infantil masculino galego debutará ás 12:00 contra Catalunya, mentres
que ao conxunto feminino lle corresponderá facelo ás 13:30 horas contra
Andalucía. Mentres, no caso dos cadetes, o equipo masculino xogará contra
Catalunya ás 16:00 horas e o feminino fronte a Andalucía (17:30 horas).
Ademais da competición,
intensiva nos pavillóns do IFEVI, mañá tamén comezarán as xornadas “A formación do xogador/a como obxectivo”, a partir das 10:45 horas. No acto
de inauguración das xornadas estará presente a delegada provincial da
Consellería de Cultura e Deporte da provincia de Pontevedra, María Xesús López
Escudeiro. A primeira ponencia correrá a cargo de Xesco Espar, técnico do F.C.
Barcelona, e ten o título de “Como se forma a intelixencia do xogador”