futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > ciclismo

David García, sexto na Volta a Asturias

04-05-2008

 



Autor:


13-05-2008 O Karpin Galicia coa súa mellor proposta de futuro no GP Paredes
O Karpin Galicia pisará chan galego en competición por única vez na tempada o xoves e o venres, con motivo do 3º Gran Premio Paredes, proba UCI do calendario portugués que, do mesmo xeito que nas...
A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000 rapaces 13-05-2008 A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós...
A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro é unha iniciativa pioneira en Galicia, totalmente gratuíta para os nenos. A día de hoxe esta escola traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000...
 

Descomunal golpe de autoridade do equipo portugués A Aluminios-MSS na primeira etapa da Volta a Asturias (Oviedo - Xixón, de 158,2 quilómetros), ao meter a catro dos seus corredores no quinteto que chegou a meta con 1-10 de vantaxe sobre un segundo grupo que encabezou David García, do Karpin Galicia, e no que tamén se atopaba o seu compañeiro de equipo Ezequiel Mosquera, sobrepoñéndose a unha espectacular caída. A etapa e o liderado foron para Vicioso e só o italiano Stefano Garzelli (Aqua & Sapone), segundo na chegada, puido ser testemuña presencial da exhibición do equipo luso.

A volta na súa xornada inaugural viviu unha etapa típica de media montaña que convidaba á aventura. Os últimos en probar foron o italiano Sestili (Ceramica Flaminia) e o galego Enrique Salgueiro (Extremadura), pero os máis fortes da carreira xa decidiran emprazarse no alto de Huerces, un porto curto pero cunha pendente media a doce por cento, situado a quince quilómetros de meta, e mantiveron controlados aos fugados en todo momento, xuntando esforzos equipos como Barloworld, Acqua & Sapone, Liberty e Karpin Galicia.

Foi nesa última subida onde o A Aluminios–MSS iniciou o seu recital. Os seus corredores tomaron o mando do pelotón a pé de ascensión para marcar un ritmo asfixiante. O que parecía un traballo escalado sacrificando efectivos para un líder, converteuse nun ataque en tromba que estragou por completo ao pelotón, sen máis oposición que a de Garzelli, que aguantaba a roda a duras penas. Vicioso, Zaballa, Tondo e Pires eran os protagonistas.

Nos quince quilómetros finais os catro ciclistas do equipo portugués realizaron unha contrarreloxo por equipos na que foron aumentando a súa vantaxe sobre o grupo perseguidor de Ezequiel Mosquera e David García. Por un momento Garzelli, ata entón a cola de grupo, pasou a colaborar; pero só ata que se decatou de que os seus rivais nin o necesitaban nin estaban demasiado preocupados pola súa presenza. Continuaron co seu poderoso ritmo sen pensar en ningún momento en cobrar ningunha vantaxe adicional sobre un rival do calibre do italiano

O bo traballo do Karpin Galicia, como calquera outra incidencia de carreira, quedou un pouco eclipsado pola actuación do equipo A Aluminios–MSS. Non obstante, cabe destacar que David García foi o primeiro en cruzar a meta tras o quinteto dianteiro e que Ezequiel Mosquera tamén estivo diante superando unha caída a consecuencias da cal recibiu varios puntos de sutura.

A segunda etapa consta de dous sectores, o primeiro, Xixón - Llanes, en liña sobre 95,5 quilómetros; e o segundo, Nova - Llanes, unha contrarreloxo de 17,2 quilómetros.

José Ángel Vidal, que asume a dirección deportiva do equipo en Asturias, comentou: "Foi unha caída espectacular, provocada por un dos motoristas de ligazón en carreira, que ao chegar a un paso estreito cravou o moto e varios corredores que ían detrás comérona. O peor parado foi un ciclista do Burgos Monumental, que tivo que abandonar cunha fractura de clavícula. Ezequiel necesito en carreira tres puntos de sutura na canilla e ao final da etapa aplicáronlle outros tres na súa man esquerda. En quente puido seguir, pero haberá que ver como evoluciona. Ademais deste corredor e de David García o equipo en liñas xerais estivo moi ben, con Delio e Rabuñal entrando no segundo grupo. Claro que os ciclistas do A Aluminios estiveron un ou dous puntos por riba do resto do pelotón, pero iso non debe levar a infravalorar a nosa destacada actuación".

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com