![]() | |||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Home Page > ciclismo | |||||||||||||||||
Os protagonistas de 120 anos de ciclismo galego | |||||||||||||||||
06-05-2008
Pontevedra será a última localidade na que poida verse ata o próximo 13 de maio a exposición "120 anos de ciclismo galego", tras un percorrido de seis meses por unha vintena de municipios galegos. A mostra foi inaugurada na Biblioteca Municipal polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, nun acto que reuniu a destacados protagonistas da historia do ciclismo galego ou familiares máis directos. Acompañaron ao rexedor pontevedrés a delegada provincial de Cultura e Deporte, María Xesús López Escudeiro; Xerardo González Martín, autor do libro que dá nome á mostra; o Delegado Territorial de Caixanova, Antonio Gómez Rivera; e o xerente da Fundación Ciclismo Galego, Rodrigo Costas. Entre os asistentes ao acto contábanse tamén o primeiro presidente da Federación Galega de Ciclismo, Aurelio Pérez García, que loce os seus noventa anos con admirable enerxía; outro presidente nunha etapa moito máis próxima, Manuel Martínez; ou o doutor Díaz Lema, presidente fundador do Club Ciclista Pontevedrés. Estiveron representadas tamén a ourensá familia Da Cunha con José Ramón Da Cunha, descendente do afamado esprinter ourensán; a familia Sánchez, de Cambados, por Modesto Sánchez (pai e fillo), a cal vai xa pola cuarta xeración de ciclistas; a familia Vázquez, de Padrón, gran dinamizadora do ciclismo galego desde os anos cincuenta; e a familia Rosales, de Marín, por Manuel Rosales, fillo duns dos pioneiros do ciclismo galego en ruta. Tamén participaron ex ciclistas como o padronés José Bernárdez, cuxos éxitos deron pé a fundación do club ciclista da vila rosaliana; e outros de etapas máis recentes como: Manuel Carreira, Jesús Rodríguez Carballido, Gonzalo Aguiar ou Isidro Araújo; ou profesionais en activo como David Branco e Jesús Cobelo; e presidentes de Club Ciclista Spol, Club Ciclista Vigués, Club Ciclista Padronés, Club Ciclista Ría de Vigo, Club Ciclista Rosal e Club Ciclista Teis. I Festival - campionato "Circuíto ciclismo escolar" O "I Festival - campionato circuíto de ciclismo escolar", dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos, pechará tamén mañá martes o apartado de promoción "Ciclismo no meu concello, dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Este evento celebrarase no Parque de Campolongo (Pontevedra) ás 17.00 horas. A partir das 18.00 horas, nun exercicio máis orientado aos integrantes das escolas de ciclismo galegas, celebrarase no mesmo lugar o "I Campionato circuíto de ciclismo escolar", que consistirá nun percorrido cronometrado sobre un trazado moi técnico duns 300 metros de lonxitude. Estableceranse as categorías de infantís, alevíns e benxamíns, masculina e feminina. Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán medallas acreditativas e pecharase a actividade co sorteo dunha bicicleta doada por Orbea e diversos produtos das firmas Catlike e Zico entre todos os participantes. | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |