futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > ciclismo

Gonzalo Rabuñal, sexto, completou a súa mellor actuación como profesional

07-05-2008

 



Autor:


13-05-2008 O Karpin Galicia coa súa mellor proposta de futuro no GP Paredes
O Karpin Galicia pisará chan galego en competición por única vez na tempada o xoves e o venres, con motivo do 3º Gran Premio Paredes, proba UCI do calendario portugués que, do mesmo xeito que nas...
A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000 rapaces 13-05-2008 A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós...
A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro é unha iniciativa pioneira en Galicia, totalmente gratuíta para os nenos. A día de hoxe esta escola traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000...
 

Gonzalo Rabuñal acabou sexto na xeral da Volta a Asturias, acuñando a súa mellor actuación no campo profesional e o seu equipo, o Karpin Galicia, cubriu outro capítulo notable no calendario de competición 2008. A rolda asturiana pechouse con triunfos portugueses con selo español, os dos equipos Liberty Seguros e LA Aluminios-MSS, protagonizados polo navarro Pablo Urtasun, gañador da última etapa, e o aragonés Ángel Vicioso, que se levou a xeral.

A última etapa foi a historia dunha temperá escapada se seis corredores que se deixou marchar por riba dos seis minutos e cando o pelotón, ou máis concretamente o equipo Flaminia, quixo reaccionar xa non había remedio. En realidade, os escapados souberon xogar ben as súas bazas: aproveitaron os primeiros quilómetros da escapada para acumular unha ampla vantaxe e a seguir contemporizaron á espera da reacción do pelotón.

Esta chegou por parte do Flaminia, que en poucos quilómetros reduciu a distancia por debaixo dos cinco minutos. Foi nese limiar onde os escapados responderon tamén como un equipo, con relevos rápidos e moi compenetrados. Durante dez quilómetros a diferenza se estabilizouse e nos seguintes incluso os fugados volveron a cobrar vantaxe. Sabían que no seo do pelotón non había esprinters tan cualificados como para animar aos equipos a lanzarse a unha neutralización decidida e que no momento en que se lles fixese dubidar ían a desistir, como así aconteceu.

Cando chegaron á cabeza de carreira noticias de que o pelotón abandonara a caza, a loita iniciouse entre os fugados. Houbo ataques de todos os lados, pero foi seguramente Urtasun quen expuxo máis argumentos para levarse a vitoria. A súa punta de velocidade, a motivación de correr en España cando se está no pelotón portugués e mesmamente o feito de que todos os honores no final de volta fosen recaer na outra formación portuguesa en carreira, a do A Aluminios – MSS, de inferior categoría ao Liberty Seguros levaron ao navarro a buscar o triunfo nos quilómetros finais por distintas vías, pero só o puido asegurar nos últimos metros, ao superar no sprint final a Samoliau (Acqua & Sapone) e Julián Sánchez (Contentpolis – Murcia).

Nos quilómetros finais o Karpin Galicia situouse á fronte do pelotón para evitar os apuros que tivera Gonzalo Rabuñal ao quedarse cortado de saída. Situación que puido arranxar coa axuda dos seus compañeiros. O ciclista de Arteixo cruzou a meta na undécima praza, que lle permitiu manter unha meritoria sexta praza, sobre todo tendo en conta que foi conquistada na etapa raíña con final no alto do Acebo e que lle abre expectativa deportivas máis amplas. Ezequiel Mosquera acabou decimo cuarto e David García decimo sexto, ratificando a destacada actuación do equipo galego.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com