![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Home Page > ciclismo | |||||||||||||||
Jacobo GarcÃa Seoane participa no Gan Premio Deputación de Pontevedra júnior | |||||||||||||||
09-05-2008
Máis de medio centenar de ciclistas partirán do polígono industrial Chan da Lagoa, en Salvaterra, para correr o Gan Premio Deputación de Pontevedra júnior o 18 de maio, a partir das 16.30 horas. O percorrido total é de 105 quilómetros e segundo José Teixeira, director da Escola Club Ciclista Pontereas-Auga de Mondariz "é unha proba difícil polo percorrido, a súa dureza así coma pola quilometraxe". Esta mañá, Teixeria e Jesús R. Carballido, director do grupo de xuvenis, reuníronse coa concelleira de Cultura e Deportes, Marta Valcárcel para matizar algúns puntos da organización desta carreira na que tamén colabora o concello de Salvaterra. Entre os participantes, vai correr Jacobo García Seoane, un dos líderes desta competición Challange que en Salvaterra chega a súa cuarta proba e que visitará pronto Ponte Caldelas. O circuito sae de Salvaterra, cara a Ponte do río Tea, Porto Centro, Arantei, Alxén-Grixó, Alxén, Cristiñade, Areas, Pontereas (meta volante), Fornelos, Salvaterra, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leirado, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leirado, Oleiros, As Neves (Porto Montaña), Tortoreos, Leiraado, Oleiros, Salvaterra (Meta). A chegada está prevista para as 19.16 horas. Segundo José Teixiera, as etapas máis difíciles son as de Salvaterra-As Neves pola "orografía xa que está nunha dificultade case límite coa categoría xuvenil. Por iso é preparatoria do campionato galego". | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |