futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > ciclismo

Boa actuación dos galegos na proba inaugural da Copa do Mundo de Descenso

13-05-2008

 



Autor:


Karpin Galicia na Volta a Madrid, con Castaño nas súas filas 17-07-2008 Karpin Galicia na Volta a Madrid, con Castaño nas súas filas
Mañá, venres 18 de xullo, comeza unha nova edición da Volta a Madrid e faino cunha contrarreloxo de 21,2 quilómetros na localidade de Pinto. O Karpin Galicia vai estar...
14-07-2008 O vigués Toni Ferreiro acada a medalla de bronce no Europeo de BTT (Descenso) en Italia
O ciclista junior vigués Toni Ferreiro segue a demostrar que é unha das grandes promesas do BTT mundial. Ferreiro acadou onte a medalla de bronce no Europeo de Descenso disputado na...
 

A capital eslovena, Maribor, acolleu o inicio da Copa do Mundo de Descenso. Na competición realizaron unha grande actuación os bikers galegos xa que o vigués Toni Ferreiro (Riotorto) acadou a 27º posición e o grovense Jorge Aguin (Chapelo Racing) ocupou o posto 58º. Pola súa banda, a coruñesa Eva Castro finalizou séptima no Four cross feminino.

Convén destacar que Toni Ferreiro foi o segundo español clasificado, só superado por Pascual Canals (13º), e por diante de bikers da valía de Cedric Gracia (29º), Bernat González (32º)ou David Vázquez (46º).

Bernabé Pérez (Spol-Caixanova) gañou o Trofeo Concello de Sanxenxo

A terceira proba da Copa Deputación de Pontevedra de ciclismo junior, o Trofeo Concello de Sanxenxo, resolvéuse coa victoria de Bernabé Pérez (Spol-Caixanova). A xeral da Copa Deputación ten novos líderes xa que Jorge Rey (Vigués-Chint-Autronic) é o novo camisola amarela e Jonattan Sousa (Rosal-Hnos Ozores) é o millor entre os juniors de primeiro ano.

Bernabé Pérez acadou a súa primeira como junior logo de realizar unha escapada que iniciou a 40 kilómetros da meta dunha proba que se disputou sobre 72 kilómetros e que, baixo a organización do C.C.Spol-Caixanova, contou coa participación de 34 homes e 2 mulleres.

Pérez chegou a ter unha aventaxe de 3 minutos sobre un pelotón que non reaccionou ante ó seu ataque, quizáis polas marcaxes entre os ciclistas do Vigués-Chint, Compostelano-Muebles Compostela e Ponteareas-Expert. Cando estas formacións organizáronse na súa persecución déuse unha circustancia que puido ser clave para o desenlace da proba, o pinchazo do líder ata ese momento da Copa Deputación junior, o ciclista do Ponteareas-Expert, Jacobo García. Nese momento, os homes do Padronés-Aluminios Cortizo traballaron para deixar descolgado ó corredor piontareano e vivíuse unha pelexa sin cuartel ata o desenlace da carreira.

Na meta, Bernabé Pérez (Spol-Caixanova) presentósue con 48 segundos de aventaxe sobre Iñaqui Eiras (Rosal- Hermanos Ozores) e 1 minuto e 39 segundos sobre Hugo González (Vigués-Chint). Un primeiro pelotón chegou a 2 minutos e 39 segundos comandado por Jorge Rey (Vigués-Chint) e o grupio do líder ata onte, Jacobo García (Ponteareas-Expert) chegou á meta a 2 minutos e 41 segundos do vencedor.

Por equipos impúxose o C.C.Vigués-Chint-Autronic, seguido do Compostelano-Muebles Compostela e o Expert-Ponteareas.

Na xeral da Copa Deputación, Jorge Rey (Vigués-Chint-Autronic) é o novo líder con 131 puntos, seguido de Jonattan Sousa (Rosal-Hermanos Ozores) con 127, Iñaqui Eiras (Rosal-Hermanos Ozores),119, Jacobo García (Ponteareas-Expert), 115 e Anxo Corbelle (Padronés-Aluminios Cortizo), 114.

O Clube Ciclista Spol-Caixanova quere aproveitar para expresar o seu agradecemento á Policia Local de Sanxenxo, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico, Portonovo S.D. e Talleres Fontán (Concesionario Renault en Sanxenxo) pola súa contribución para o bó desenvolvemento da carreira.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com