![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Home Page > ciclismo | |||||||||||||||
A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000 rapaces | |||||||||||||||
13-05-2008
O presidente da Deputación, Rafael Louzán e o ciclista Óscar Pereiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do cal a administración provincial e o organismo autónomo Turismo Rías Baixas patrocinarán a páxina web oficial e a Escola de Ciclismo de Óscar Pereiro. Louzán amosou a súa satisfacción pola posta en marcha desta escola que considerou "fará unha importante labor de pedagoxía" cos máis pequenos. Do mesmo xeito, recordou que este proxecto ven a sumarse á labor que está facendo a Deputación coas escolas deportivas de fútbol, patinaxe e balonmán nas que participan a día de hoxe máis de 2.000 rapaces de toda a provincia de Pontevedra. O gañador do Tour de Francia 2006 manifestou que o obxectivo principal da escola é "fomentar o ciclismo non competitivo, senón o carácter lúdico-educativo desta disciplina deportiva" entre os nenos de primaria. "Pretendemos ensinarlles os valores que do deporte en paralelo cos estudos como son o compañeirismo e a amizade. Tamén, esta escola incidirá na importancia do uso do casco e, segundo explicou Pereiro "ensinaremos as normas de seguridade vial que o día de mañá lles servirá de pre-aprendizaxe para sacar o carné de conducir". A Escola de Ciclismo Óscar Pereiro é unha iniciativa pioneira en Galicia, totalmente gratuíta para os nenos. A día de hoxe esta escola traballou xa con 3.000 rapaces pero espera chegar ós 10.000 rapaces de cara a decembro. A propia escola é a encargada de facilitar o material necesario como son as bicicletas, os cascos, e o monitor que en todo momento está pendente dos rapaces. Tamén se distribuirán uns maillots deseñados polo propio Óscar Pereito. 300.000 entradas O convenio asinado serán os exponsors oficiais da páxina web www.oscarpereiro.com que leva funcionando un ano e, segundo datos aportados por Pereiro, ten unha media de 1.200 entradas diarias e 300.000 dende a súa posta en funcionamento de 62 países. | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |