futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > ciclismo

O cántabro David Gutiérrez proclámase en Santiago Campión de España de Fondo sub23

12-07-2008

 



Autor:


Karpin Galicia na Volta a Madrid, con Castaño nas súas filas 17-07-2008 Karpin Galicia na Volta a Madrid, con Castaño nas súas filas
Mañá, venres 18 de xullo, comeza unha nova edición da Volta a Madrid e faino cunha contrarreloxo de 21,2 quilómetros na localidade de Pinto. O Karpin Galicia vai estar...
14-07-2008 O vigués Toni Ferreiro acada a medalla de bronce no Europeo de BTT (Descenso) en Italia
O ciclista junior vigués Toni Ferreiro segue a demostrar que é unha das grandes promesas do BTT mundial. Ferreiro acadou onte a medalla de bronce no Europeo de Descenso disputado na...
 

O ciclista cántabro David Gutiérrez proclamouse este sábado Campión de España de Fondo en Estrada sub23, logo dos 165 quilómetros disputados entre Santiago de Compostela e Santiago de Compostela. Medalla de prata para o alacantino Andrés Vigil e bronce para o vasco Ion Izaguirre, ambos os dous co mesmo tempo do gañador: 4 horas 3 minutos e 3 segundos, o que supón unha velocidade media de 40,730 quilómetros hora. Foi unha emocionante chegada ao sprint entre eles tres. Dase a circunstancia, feliz para o ciclismo dunha comunidade autónoma uniprovincial como a cántabra, que o venres, na contrarreloxo, outro corredor de aquela terra, Madrazo, acadara a medalla de prata.
O pelotón cruzou a liña de meta compostelá a 16 segundos. Os mellores galegos foron Carlos Bruguetas Santos, oitavo, e Adrián Rodríguez, décimo sexto; ambos os dous chegaron no pelotón.

José Manuel Oliveira, seleccionador galego, declaraba tras a proba: "Fago un balance bastante positivo destes dous días. Son as dúas probas máis importantes e agardadas do calendario español e aquí están os mellores, é moi difícil obter a vitoria. A carreira de hoxe (sábado) foi moi longa e rápida e, aínda que nun principio non estivemos nos cortes, polo menos despois tentámolo. Se tivese que puntuar o papel da miña selección nestes Campionatos de España, daríalle un seis".

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com