futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > ciclismo

A Peña Cicloturista Tea de Ponteareas rende homenaxe a Martín Perdiguero

13-07-2008

 



Autor:


Karpin Galicia na Volta a Madrid, con Castaño nas súas filas 17-07-2008 Karpin Galicia na Volta a Madrid, con Castaño nas súas filas
Mañá, venres 18 de xullo, comeza unha nova edición da Volta a Madrid e faino cunha contrarreloxo de 21,2 quilómetros na localidade de Pinto. O Karpin Galicia vai estar...
14-07-2008 O vigués Toni Ferreiro acada a medalla de bronce no Europeo de BTT (Descenso) en Italia
O ciclista junior vigués Toni Ferreiro segue a demostrar que é unha das grandes promesas do BTT mundial. Ferreiro acadou onte a medalla de bronce no Europeo de Descenso disputado na...
 

A Peña Cicloturista Tea de Ponteareas organiza a XI Marcha Cicloturista Central Eléctrica Sestelo, que parte da vila ás 9 da mañá para desenvolver un percorrido de 115 quilómetros que, entre outros puntos, transcorrerá por O Porriño, Mos, Redondela, Arcade, Soutomaior, Ponte Caldelas, Verducido, Fontefría, Vilasobroso e, de novo, Ponteareas, onde rematará. Daquela, os cicloturistas terán a recompensa da ducha, das rosquillas, dos aperitivos á Galega, e haberá sorteo de regalos.
A XI Marcha é puntuable para a Copa de España de Cicloturismo da R.F. Española, para o XIII Circuíto de Ciclismo a Fondo e para o IV Circuíto Goka. Ademais, conta co aliciente de que Miguel Ángel Martín Perdiguero, ciclista profesional dende 1997 ata o remate da tempada 2006, comparte o día -boa parte del- cos participantes nesta marcha.
Martín Perdiguero, nado en San Sebastián de los Reyes (Madrid) o 14 de outubro de 1972, acadou éxitos individuais e colectivos nos diferentes equipos cuxos maillots defendeu: Kelme-Costa Blanca, ONCE, Vitalicio Seguros, Cantina Tollo-Acqua e Sapone, Domina Vacance-Elitron, Saunier Duval-Prodir e Phonak. Agora, aparcada a bicicleta aínda que só sexa un pouco, o ciclista converteuse en xestor político; en concelleiro de Deportes da cidade que o veu nacer.
Así que apenas se debeu sentir estraño cando, na noitiña do sábado, recén chegado a Ponteareas, foi recibido polo alcalde Salvador González, pola primeira tenente de alcalde, Nava Castro, e polo seu homólogo Jorge Iglesias, concelleiro de deportes na vila do Tea. Amén de Ramón Amil, presidente da entidade que este ano o homenaxea. O alcalde fíxolle entrega dun maillot co seu nome e dun pin co escudo ponteareano.
E nalgún momento durante a marcha deste domingo, quizais cara o final, serán os propios deportistas os que lle rindan recoñecemento ao seu currículum ciclista.  

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com