14-07-2008

|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
| O ciclista junior vigués Toni Ferreiro segue a demostrar que é unha das grandes promesas do BTT mundial. Ferreiro acadou onte a medalla de bronce no Europeo de Descenso disputado na localidade italiana de Valmeleco-Caspoggio.
Toni Ferreiro fixo un tempo de 2 minutos e 37 segundos. O novo campeón europeo foi o francés Remi Trillon, que empregou un tempo de 2 minutos e 35 segundos, en tanto que o austriaco Boris Tetzlaff conseguiu a medalla de prata ó superar en nove centésimas o tempo do vigués.
O Europeo estivo marcado polo mal tempo, circunstancia que obrigou a recurtar o percorrido da proba.
|