![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Home Page > nautica | |||||||||||||||
Miguel Fernández Vasco entre os galegos mellor clasificados ó facerse coa Copa de Finn en Guadalaxara | |||||||||||||||
06-05-2008
A Federación Galega de Vela desprazou durante a ponte de maio ás seleccións Caixanova de Optimist, 420, Techno 293, Finn, Láser Radial e 4.7 por distintas localidades do litoral español e de augas interiores, grazas ó patrocínio da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, onde cada un dos equipos de regata ían disputar as súas respectivas Copas de España, despois do bo acento galego que quedou patente nos nacionais de Semana Santa. Os millores resultados obtivéronos, por unha banda, Marcos Fernández, do Club Náutico de Cangas, en Techno 293, levándose a primeira praza da cita copeira de Cádiz na categoría OPEN, e por outro, o que chegou desde Almería, de mans da viguesa Beatriz Lence, subcampioa feminina en Láser 4.7. A representante do Club Marítimo de Canido manifesta deste xeito o seu bo estado de forma nunha clase moi técnica e que tira moito da resistencia física do mesmo xeito que o Techno. José Ramón Pardo, do Real Club Náutico de A Coruña, que estaba en Almería, logrou clasificarse co seu oitavo posto para o europeo de Bélxica de Láser Radial. Pablo Martínez Abad, que viste a mesma grímpola que Pardo, foi terceiro xuvenil. Os Optimist sufriron a escaseza de vento nas dúas últimas xornadas, navegando tan só o primeiro día en Xixón, con ventos de 12 nós e onde os millores postos da xeral foron para Roi Rogel, do Liceo Casino de Vilagarcía, e Pedro Martínez e Carlos Castelao, ambos do Real Club Náutico de Vigo, ocupando as duodécima, décimo cuarta e décimo quinta posición, respectivamente. Ata Denia fóronse os seleccionados da clase 420, e onde o papel millor representado fixérono os membros da Escola de Vela do Liceo Casino de Vilagarcía, Bruno Gago e César Conde, que foron cuartos. Os ventos frouxos desta parte do mediterráneo foron, tamén, a nota predominante, e onde os galegos navegaron con certa dificultade, logo das boas posicións adquiridas no Campionato de España disputado durante a Semana Santa. Pero sen ningunha dúbida, os bos resultados de equipo como selección de clase foron os obtidos polos Finn Miguel Fernández Vasco e Jano Toro, ambos do Real Club Náutico de La Coruña, sendo primeiro e segundo, respectivamente, na Copa de España que da modalidade olímpica disputouse no encoro de Entrepeñas, na provincia de Guadalaxara. A visión global de resultados dos representantes galegos pódese cualificar de moi satisfactorios, coas Copas gañadas en Techno Open e Finn, e onde o nivel de postos subiu na clase Optimist, millorando as posicións do último encontro nacional que se disputou recentemente en Canarias. | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |