![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Home Page > nautica | |||||||||||||||
Bernardo BenÃtez e Miguel Pérez gañan o V Raid RÃas Baixas | |||||||||||||||
13-07-2008
Finalizou en Nigrán a V edición do Raid Rías Baixas de Catamaráns a Vela, proba lúdico-deportiva que serviu de colofón ao Mundial Caixanova de Fórmula 18 que se celebrou días atrás en Praia América. Os vencedores do Raid foron Bernardo Benítez e Miguel Pérez. Máis de 60 embarcacións tomaron a saída o domingo pola mañá dende a praia do Bao, rumbo á de Rodas, nas Illas Cíes. Tras a dura primeira xornada, a do sábado, entre a costeira de Nigrán e Liméns, a dominical resultou máis levadeira e mesmo agasallou aos participantes cun intenso norte que rondou os 20 nos nas puntas máis altas, sen consecuencias notables para os 120 regatistas (2 por catamarán). Ás 12.30 horas deuse o Top de saída nas inmediacións de Toralla, unha saída limpa, sen foras de liña, e coa flota agrupada para dirixirse cara a baliza de desmarque, e de aí á enseada de Cíes, entrando nos seus areais cos proeiros á carreira para asinar a chegada, o que causou grande expectación entre os bañistas. Logo do merecido descanso, principiou a segunda manga da xornada, longa popa a Nigrán, moi veloz, para goce dos mundialistas que quedaron nesta terra participando no Raid e que agora puideron navigar dun xeito diferente e sen as presións da alta competición. Como dixemos, Bernardo Benítez e Miguel Pérez foron os vencedores absolutos da proba deste 2008, a moi poucos segundos dos franceses Julian Polve e Guillaume Sangiardi. | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |