14-07-2008

|
 A única saÃda, despois anulada. |
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
|
Estase a disputar o Campionato de España de Vaurien-Caixa Galicia, que o Real Club Náutico de Sanxenxo acolle ata o mércores 16 de xullo. Tras a xornada deste luns a situación clasificatoria é idéntica á do domingo, pois a falla de vento motivou que fosen anuladas as probas do día, pese a que pola tarde fose dado un pistoletazo de saída. Así, pois, tras o impedimento de disputar algunha das tres mangas programadas, na clasificación mantense en primeiro lugar o Certum de Pablo Cabello e Javier Lago. A cinco puntos de diferenza está o X-Náutica de Ignacio Campos e Pedro Martínez, que é segundo; a terceira praza ocúpaa o barco de Andrés e Rafael Jiménez, a seis puntos da cabeza. Para o Campionato de España de Vaurien estaban programadas doce probas. Que se leven a cabo dúas xa o dan por válido e, polo de agora, van tres, as do domingo. De todos os xeitos, o Comité agarda que as condicións de vento melloren o martes, penúltima xornada de competición.
|