16-07-2008

|
 Un barco durante a xornada do martes. |
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
| Este mércores remata en Sanxenxo o Campionato de España Vaurien 2008, programado a doce probas pero que disputará un máximo de oito, se ben hai que lembrar que con dúas queda validado. O vento, con exactitude a ausencia del, está a protagonizar algunha das xornadas na Ría de Pontevedra e, por exemplo, o luns non houbo máis que intentos por saír a regatear e, incluso, un inicio de manga logo abortado.
Na clasificación xeral marcha primeiro o Certum de Pablo Cabello e Javier Lago. A catro puntos, o X-Náutica de Ignacio Campos e Pedro Martínez; a trece dos primeiros, en terceiro lugar, Andrés e Rafael Jiménez. Na tarde de hoxe, cando remate a derradeira xornada, terá lugar a entrega de trofeos no Real Club Náutico de Sanxenxo.
|