16-07-2008

|
 Os mellores no Español de Vaurien posan cos trofeos gañados. En primeira liña, de esquerda a dereita, Javier Lago, Pablo Cabello (campións), Ignacio Campos, Pedro MartÃnez e os irmáns Jiménez. |
|
|
|
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
|
Entrou norte. Mellor tarde que nunca. Este mércores, na derradeira xornada do VL Campionato de España de Vaurien-Caixa Galicia presentouse o vento co fin de compensar dentro do posible as ausencias dos días anteriores, en particular o luns, e de paso despedir a frota que dende o pasado domingo competía en augas da Ría de Pontevedra, baixo a organización do Real Club Náutico de Sanxenxo. Entrou norte, si. Con certo atraso respecto da hora prevista, o Comité de Regatas daba a saída da primeira das mangas baixo unhas favorables condicións de 10 nos. Os líderes da xeral, Pablo Cabello e Javier Lago co seu Certum, acentuaron o dominio impoñéndose tamén nesa proba; segundos, os recentes campións galegos da clase, Ignacio Campos e Pedro Martínez, a bordo do X-Náutica; terceiros, os irmáns Jiménez, Rafael e Andrés. A segunda das probas do día trouxo o triunfo de Campos e Martínez, a segunda praza de Cabello e Lago e a terceira de Javier Leirós e Luis de la Peña. De tal xeito que a emoción reaparecía no Campionato de España Vaurien. Porque, a media tarde, a falta dunha soa regata, había 1 punto de diferenza na clasificación xeral entre o primeiro (Certum) e o segundo (X-Náutica). Impúxose o Certum de Pablo Cabello e Javier Lago, novos campións de España; subcampionato, a 2 puntos de distancia, para Campos e Martínez; tercera posición, afastados en 17 puntos do título, os irmáns Jiménez. Por outro lado, o equipo de Vaurien de Escolas Caixa Galicia cumpriu as expectativas que se plantearan o Real Club Náutico de Sanxenxo e a Escola de Vela Punta Lagoa, que con esta iniciativa demostran apostar polo apoio a dita clase e iniciar aos alumnos no mundo das regatas. A entrega de trofeos que o Club Náutico de Sanxenxo celebra ás 19.00 horas de hoxe suporá o punto final ao Campionato na súa cita de 2008.
|