O Grande Mestre serbio Aleksa Stríkovic, xogador olímpico e gañador de máis de 30 torneos internacionais, acudirá mañá a presentación oficial das Escolas Deportivas de Xadrez On-Line da Deputación de Pontevedra.
Aleksa Stríkovic, Grande Mestre Internacional desde 1994, acompañará ó deputado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, quen lle imporá a Mención de Honra momentos antes de presentar estas Escolas Deportivas, que implicarán a máis de 800 rapaces da provincia.
Os actos previstos incluirán unha demostración a cargo do presidente, Rafael Louzán, que as 13:15 disputará unha partida contra un xogador de Bos Aires. Celebraranse simultáneas escolares a partir das doce do mediodía (Colexio “Los Sauces” de Vigo), mentres que o recibimento homenaxe ó Club de Xadrez Universidade de Vigo terá lugar as 12.45.

Ás 12.55, José Enrique Sotelo imporá a Mención de honra ó Grande Mestre Aleksa Stríkovic. Ás 13.00h desenvolverase a Presentación da Escola Deportiva Provincial de Xadrez On-Line.
Club de Xadrez Universidade de Vigo, acadou, no pasado ano 2008 os galardóns: 1º fase regular Liga Galega de Xadrez, Campión Universitario de Galicia, Campión Xogos Galaico Durienses, Pablo García (Mestre Internacional), campión galego Absoluto, Manuel Pena (Mestre Fide), campión universitario galego e mellor xogador individual Xogos Galaico Durienses, Miguel Senlle, campión de Galicia sub18, Daniel Vila, subcampión de Galicia sub-16, Marina Aguirre, 3ª de Galicia sub-16, Samuel Villar, campión de Galicia sub-14.