futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > otros deportes

Galicia proclamouse campiona de España por equipos e o clube galego Natural Sport de Riveira quedou campión de España por clubes en categoría absoluta

27-04-2008

 



Autor:


13-05-2008 Vigo Rugby Club organiza o "I Torneo de Rugby Intercentros da Cidade de Vigo"
O Vigo Rugby Club, despois dun año exitoso nos proxectos de Difusión de Rugby na cidade de Vigo, propúsoxe dar un paso máis alá, organizando o "I Torneo de Rugby Intercentros da Cidade de...
03-05-2008 El I Open Aniversario Radikal Darts en la joranada del domingo participan 256 parejas
A las 12 horas del mediodía ha dado comienzo el I Open Aniversario Radikal Darts, dotado con 17.000 euros en premios y dividido en tres modalidades de competición. El torneo reunie a jugadores y...
 

O pavillón Pitiu Rochel de Alicante acolleu esta fin de semana a VI edición do Open Internacional de España e o Campionato de España por clubes ós que se desprazaron uns noventa deportistas galegos que levaron a Galicia ó podio, por segunda vez nesta tempada, nunha competición calificada de Clase "A" pola European Taekwondo Union, despois de alcaza-los primeiros postos no pasado Open de Bélxica.

 

Uns mil trescentos deportistas pertencentes a vinteseis paises e cento tres clubes (asistiron representantes de toda Europa, México, Corea, Irán, EEUU, O Salvador, Puerto Rico, Ucrania, Marrocos, ...) desputaron esta fin de semana o Open Internacional de España, calificado de clase "A" e que puntua para o ranking da ETU, e no que a Selección Galega conquistou os primeiros postos. Galicia proclamouse campiona de España por equipos e o clube galego Natural Sport de Riveira quedou campión de España por clubes en categoría absoluta seguido do Centro de Tecnificación de Valencia e no terceiro posto o quedou o Estudio Fran Martín de Cataluña.

 

A área de combate estivo desputada por uns mil competidores nas categorías cadete, xunior e senior, mentres que en Técnica participaron uns douscentos cincuenta e en Exhibición setenta e dous deportistas.

 

O evento rematou coa seguinte clasificación:

 

Senior; Galicia primeira clasificada seguida de Suecia, Puerto Rico, Marrocos e Ucrania.

 

Xunior; Galicia primeira clasificada seguida de Alemania, Croacia e El Salvador.

 

Cadete; Galicia primeira clasificada seguida de Austria e Suecia.

 

Técnica; Francia primeira clasificada seguida de Navarra e Galicia.

 

Exhibición; Primeiro clasificado clube Tao-Clínica Luis Vilas de Vigo-Galicia; Segundo clasificado Mace Sport de Pontevedra-Galicia e Terceiro clasificado o clube Olímpic de Vilagarcía-Galicia.

 

Ouros conquistados polos galegos:

 

Senior

 

Jessica Otero do clube Kido Sport de Sanxenxo en -51kg

 

José Fernadnez do clube Natural Sport de Sada en -67kg

 

Fernando Rascado do clube Tao-Clínica Luis Vilas de Vigo en -78kg

 

Xunior

 

José C. Pereira do clube Olímpic de Vilagarcía en -51kg

 

Francisco Padín do clube Olímpic de Vilagarcía en -55 kg

 

Ángel Parada do clube Natura Sport de Riveira en -68 kg

 

José A. Andrade do clube Mace Sport de Pontevedra en -68 kg

 

Ruth Docampo do clube Mat´s de Marín en -44 kg

 

Uxía Díaz do clube Mat´s de Marín en -68 kg

 

Cadete

 

Darío González do clube Kiap de Vigo en -49 kg

 

Alicia Córdoba do clube Olímpic de Vilagarcía en -41 kg

 

A Selección Galega estivo acompañada e coordinada en todo momento polos técnicos José Angel Torres, director deportivo da FGT; Miguel Meilán, director técnico; Jesús Benito, técnico responsable do grupo de Taekwondo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, José Luis Álvarez, seleccionador absoluto; Salvador Fontán, seleccionador xunior; Miguel Cortegoso, seleccionador sub21; Rubén Taboada, técnico da selección cadete; Miguel Cuevas, técnico do club Olimpic; José Loren, técnico do club Area; José Cid, técnico do club Yidam; Francisco Penín, técnico do club Kiap. Tamén se desprazaron a Alicante a presidenta da FGT, Dna. Mercé Barrientos, os dous vicepresidentes, Francisco Tilve e Juan Carlos López Eiriz; catro árbitros galego da máxima categoría e os habituais siareiros do Taekwondo Galego que seguen á Selección Galega nas súas citas.

 

A vindeira cita do Taekwondo Galego será en Vigo o tres de maio, que se celebrará o Campionato Galego de Técnica e Exhibición de adultos no Campus Universitario de Vigo a partires das dez da mañá.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com