![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Home Page > otros deportes | |||||||||||||||
Vigo Rugby Club organiza o "I Torneo de Rugby Intercentros da Cidade de Vigo" | |||||||||||||||
13-05-2008
O Vigo Rugby Club, despois dun año exitoso nos proxectos de Difusión de Rugby na cidade de Vigo, propúsoxe dar un paso máis alá, organizando o "I Torneo de Rugby Intercentros da Cidade de Vigo", que se celebra o vindeiro día 18 de maio , de 10,30 a 14,30, no complexo Deportivo de Samil. O Obxectivo máis importante deste Torneo é achegar o rugby ós escolares, amosándolles que é un deporte que poden practicar tod@s e para iso empregarase a modalidade "Rugby Tag". Non debemos esquecer que coma en tódolos proxectos de difusión do Vigo Rugby Club, intentarase transmitir o espírito e comportamento do Rugby en tódolos participantes. o Colexios Invitados. Serán os colexios que participaron activamente no Rugby Cole no curso 2007-2008. - Colexio Labor: Nas Categorías I e II. - IES do Castro - Hispanidade: Na Categoría II. - IES de Beade: Nas Categorías I e II. - IES Santa Irene: Nas Categorías I e II. - Colexio Salesianos: Na Categoría II. - Colexio Santiago Apóstol: Na Categoría II o Participantes: Neste "I Torneo Intercentros de Rugby" tódolos equipos serán mixtos e dividirase en dúas Categorías: - Categoría I: @s alumn@s de 1º e 2º de ESO. - Categoría II: @s alumn@s de 3º e 4º de ESO. | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |