![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Home Page > otros deportes | |||||||||||||||
Acontecemento atlético nas pistas de BalaÃdos | |||||||||||||||
10-07-2008
O vindeiro sábado, 12 de xullo, as pistas de atletismo de Balaídos van ser escenario da disputa do Gran Premio Cidade de Vigo e, dentro del, os Campionatos de España Absolutos de 10.000 metros (masculino e feminino). Esta proba, na que haberá lebres contratadas pola organización, servirá para que moitos atletas tenten acadar a marca mínima que lles permita participar nos Xogos Olímpicos de Pequín. Como ao ano fanse poucas probas desta modalidade, e no que se refire á participación española aínda non hai atletas con mínima (o máximo por España é de tres), a carreira garante un alto nivel. Ayad Lamdassem, nacionalizado español e que xa gañou o título en 2007, defende o seu trono, e xunto a el acoden Carles Castillejo, número un do ranking de 2007/2008, ou Juan Carlos de la Ossa, segundo no ranking e campión de España da distancia en 2006. A representación estranxeira asegura eritreos (Ali Abdallah e Samuel Stergay), franceses (Driss El Himmer, Said Berioui, o maratoniano O Hassan Lahssini e James Theuri), arxentinos (Miguel Ángel Barzola), indios (Surendra Singh) e portugueses (Licínio Pimentel, António Silva, Leonel Fernandes e Rui Pedro Silva). O santiagués Jesús de la Fuente será o representante galego con máis puxanza. En mulleres compite a campioa galega da distancia, María Jesús Gestido, e á proba acoden as dúas primeiras do ranking español neste momento, Isabel Checa e Raquel Gómez. Ademais, a mítica Fernanda Ribeiro, campioa olímpica nos Ánxeles, e Dulce Félix lideran a participación portuguesa, e tamén se inscribiu a suíza Deborah Büttel. O Concello, a través da Concellería de Deportes, organiza o Gran Premio conxuntamente coa delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo. Será a cuarta vez que Vigo organice uns Campionatos de España Absolutos; as anteriores remóntanse aos anos 1921, 1984 e 1988. A asistencia do presidente da Española, José María Odriozola, que chega este venres, e a do responsable do fondo, Luís Miguel Landa, confirman a importancia da proba. Será ás 19.30, con entrada de balde. | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |