12-07-2008

|
 A presentación do torneo, hai uns dÃas. |
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
|
Este sábado principia no Club de Campo o II Internacional de Pádel Cidade de Vigo, que se prolongará ata o 20 de xullo. Serán 160 parellas, divididas nas categorías masculina, feminina e mixta. Entre os participantes, os actuais campións galegos, Borja Iribarren e Ignacio Otero, xunto aos irmáns Babé, 13 veces tamén campións galegos. Outras destacadas parellas participantes son as constituídas, respectivamente, polos locais Chantada e García, ou David García e Alberto Iglesias. Así mesmo, hai que destacar a participación arxentina, importante en cantidade e calidade. Ademais da competición haberá partidos de exhibición. Por exemplo, o derradeiro día de torneo, o público que se desprace ata o Club de Campo poderá gozar do duelo entre as consideradas dúas mellores parellas do mundo: Juan Martín Díaz e Fernando Belasteguín contra Sebastián Nerone e Cristian Gutiérrez. E, seguindo coas exhibicións, outra para ese derradeiro día 20 de xullo é a que tentarán dar ex xogadores do Real Club Celta como Míchel Salgado, Valery Karpin ou Patxi Salinas, entre outros. A entrada para presenzar os partidos é libre.
|