futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > otros deportes

Iván Pozo vs. Darli Gonçalves polo Intercontinental do peso mosca, en Vigo

14-07-2008

 

Cartel da importante velada de Vigo.
Previous - Next


Autor:


El II Internacional Cidade de Vigo de Pádel, manantial de sorpresas 16-07-2008 El II Internacional Cidade de Vigo de Pádel, manantial de sorpresas
Con un extraordinario ambiente y con muchas sorpresas arrancó en el Club de Campo de Vigo la segunda edición del Internacional de Pádel Ciudad de Vigo donde participan 160...
V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange, popular y urbano 15-07-2008 V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange, popular y urbano
El sábado 26 de julio se va a disputar en Tui el V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Se trata de una prueba de carácter popular que se realiza en circuito urbano,...
 

Este martes, 15 de xullo, volve o boxeo importante ao pavillón vigués das Travesas, mercede á disputa do título Intercontinental do peso mosca da W.B.O. entre Iván Pozo, púxil de Vigo, e o brasileño Darli Gonçalves Pires. Se gaña Pozo, volvería a estar entre os cinco mellores do mundo, o que lle daría opcións de volver a aspirar ao cetro mundial en poucos meses, igual que sucedera en maio diante do campión arxentino Narváez.
Pero, ademais do combate estelar, na velada do martes haberá outros de profundo atractivo para os espectadores, e moi trascendentais. Polo título Intercontinental dos galos enfróntanse o colombiano Franklin Therán, residente en España que suma 26 vitorias noutros tantos enfrontamentos, e o ecuatoriano Darío Azuaga, 23-3. Buscando o título mundial W.B.O. júnior do peso superlixeiro, o francés Ali Chebah e o brasileiro Carlos Santos de Jesús, pelexa a dez asaltos.
Máis. En supergalos, Kiko Martínez fronte o húngaro Zsolt Nagy; en supermedios, os españois Roberto Santos e José Yebres; na modalidade feminina, Soraya Sánchez, campioa de España, e a romanesa Floarea Lihet. E o cuarto, mención especial, Jorge Araújo contra o colombiano José Urbanes, no que supón o regreso do tamén vigués aos cuadriláteros logo dun tempo afastado.
O espectáculo boxístico iníciase ás 20.00 horas. Prezos a partir de 10 euros. Os billetes xa están á venda, tanto no centro comercial Gran Vía como no pavillón das Travesas; o mesmo día da velada, os billetes permanecerán á venda no propio pavillón dende as 09.00 horas de xeito ininterrompido.


 Breves
 
Powered by: PHPCow.com