futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > piragüismo

O Kayak Tudense despraza 23 piragüistas ao Galego Júnior e Cadete de Ribadavia

12-07-2008

 



Autor:


Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés 13-07-2008 Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés
Samertolameu de Meira tomou este mediodía deportiva pero cumprida vinganza da derrota sufrida na tarde de onte en Rianxo. Na vila natal de Castelao, os de Moaña remataran na...
A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico en Rianxo 13-07-2008 A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico...
A XXVII Bandeira El Corte Inglés, que se disputa este domingo en Vigo, adquire aínda máis atractivo porque na tarde do sábado, na Bandeira de Rianxo, o Real Club...
 


Este vindeiro domingo, 13 de xullo, dispútase en Ribadavia (Ourense) o Campionato Galego Júnior e Cadete de piragüismo, sobre as distancias de 1000 e 500 metros, ao que o Club Kayak Tudense desprazará 23 deportistas co obxectivo de rematar entre os tres primeiros da clasificación xeral por clubs. As posibilidades do Kayak en terras ourensás van ser menores que o serían en condicións máis normais, é dicir, se puidese dispoñer de todos os piragüistas cos que conta nas categorías das que estamos a falar.
Pero varios dos membros do equipo júnior estarán ausentes o domingo. Por fortuna, diríase, pois están concentrados coa selección española, casos de Óscar Carrera, Leti Piña e Diana Freiría, que esta mesma fin de semana estarán na Copa do Mundo de maratón, en Crestuma (Portugal); ou Silvia Vázquez e Joan Ardit, concentrados co equipo español en Avilés e Madrid, de xeito respectivo, inmersos na preparación do Europeo Júnior que tendrá lugar a próxima semana en Szeged (Hungría).
Malia esas importantes ausencias, no propio club agárdase que os cadetes desenvolvan un bo papel en modalidades como o c1, masculino e feminino, con Adrián González, Luis Morais, Carla Pérez ou Silvia Rodríguez; asimesmo, hai optimismo respecto das posibilidades dos júnior Valeria Romero (cadete que competirá na categoría júnior), Sabela Castro e Luis Blanco.
No que respecta ás embarcacións de dúas prazas, o c2 de Adrián González e Luis Blanco é firme candidato ao ouro, ao igual que o k2 de Carla Pérez e Silvia Rodríguez, e o k2 dama júnior de Valeria Romero e Sabela Castro.
Nas embarcacións de 4 piragüistas, en principio a única embarcación do Club Kayak Tudense con opcións de pódio é o k4 cadete de Rubén Millán, Abrahám Fernández, Isaac Rodríguez e Jesús Fernández.

O Kayak Tudense desprazará 23 piragüistas ao Galego Júnior e Cadete de Ribadavia

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com