futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > piragüismo

Óscar Carrera (Kayak Tudense), prata K1 na Copa do Mundo

14-07-2008

 

Óscar Carrera en Crestuma (Portugal).


Autor:


Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés 13-07-2008 Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés
Samertolameu de Meira tomou este mediodía deportiva pero cumprida vinganza da derrota sufrida na tarde de onte en Rianxo. Na vila natal de Castelao, os de Moaña remataran na...
A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico en Rianxo 13-07-2008 A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico...
A XXVII Bandeira El Corte Inglés, que se disputa este domingo en Vigo, adquire aínda máis atractivo porque na tarde do sábado, na Bandeira de Rianxo, o Real Club...
 

Óscar Carrera, piragüista do Club Kayak Tudense, acadou esta fin de semana a medalla de prata na proba K1 júnior pertencente á Copa do Mundo de Maratón disputada en Crestuma (Portugal). O deportista de Tui logrou a medalla formando parte do equipo español de piragüismo, no que tamén estaban outras compañeiras súas do club de Tui, que sen embargo non foron quen de subir ao podio.
Na regata de K1 júnior, dende un principio quedou claro que tanto Óscar coma o extremeño Fausto Moreno serían os que se xogasen o triunfo. Escapáronse e fóronse alternando na cabeceira da proba ata o remate, no que Moreno andivo máis fino e gañou. O bronce nesta proba, para o británico Mark Chidestrone.
A tudense Ana Varela saíu forte na súa proba, mais tivo que abandoar na segunda parte da carreira a causa de serios problemas co achicador da auga.
En K2, as xuvenís Leti Piña e Diana Freiría obtiveron un excelente quinto posto. Trátase dunha parella que este ano, o do seu debut na categoría, veñen de lograr estrearse tamén co equipo español.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com