17-02-2008

|
|
|
Autor:
|
|
| |

|
|
|
21-02-2008 Castrelo de Miño será el referente europeo del remo Esta mañana se presentó oficialmente en la Sala de Juntas de la Deputación de Ourense el Open de las Naciones-II Descenso do Ribeiro, que reservado a embarcaciones olÃmpicas de remo de las categorÃas...
| |
| |
|
O deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, participou hoxe na inauguración dunha nova embarcación, no Club de Remo Chapela. O organismo provincial sufragará con 18.000 euros parte desta nova dotación.
Tal e como recordou Sotelo, o pasado verán o club de remo sufriu un accidente na Bandeira Teresa Herrera, na que quedou totalmente rota a traiñeira do club e a zodiac. Estes danos foron valorados en 36.000 euros.
A causa deste suceso, a entidade deportiva viuse na necesidade de adquirir unha nova embarcación e o organismo provincial acordou colaborar economicamente co club para a compra da mesma.
Deste xeito, segundo afirmou o deputado, José Enrique Sotelo “a Deputación cumpriu o compromiso que adquiriu no seu día e, ademais de habilitar no orzamento unha partida económica para a compra da traiñeira, tamén aumentamos a colaboración que se lle concede ó club a través das axudas para actividades deportivas no apartado de clubs náuticos”. En concreto, a través desta liña de axudas o Club de Remo Chapela recibirá 7.000 euros.
|