futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > piragüismo > Remo

A III Bandeira de Traiñeiriñas contará coa presenza de oito clubs galegos

09-05-2008

 

Un momento de la presentación en Bueu.
Previous - Next


Autor:
1 / 5 (1 Votos)


21-02-2008 Castrelo de Miño será el referente europeo del remo
Esta mañana se presentó oficialmente en la Sala de Juntas de la Deputación de Ourense el Open de las Naciones-II Descenso do Ribeiro, que reservado a embarcaciones olímpicas de remo de las categorías...
17-02-2008 Sotelo participa no bautizo da nova embarcación do club de remo Chapela para que o...
O deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, participou hoxe na inauguración dunha nova embarcación, no Club de Remo Chapela. O organismo provincial sufragará con 18.000 euros parte desta...
 

A III Bandeira de Traiñeiriñas Marcha Mundial das Mulleres contará coa presenza de oito clubs galegos, Mar de Bueu, Chapela, Samertolameu de Meira, Cabo de Cruz, Vila de Cangas, Amegrove, Mecos e Vilaxoán, e cunha representación conxunta dos clubs Coruxo e Cesantes, que decidiron formar unha "embarcación mixta" para participar nesta III edición da Bandeira que organiza o concello de Bueu en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, acompañada polo alcalde de Bueu, Félix Juncal, e por representantes da Marcha Mundial das Mulleres, presentou hoxe a III Bandeira de Traiñeiriñas-Marcha Mundial das Mulleres, competición que se disputará este domingo 11 de maio no peirao de Bueu a partires das 11.30 horas.

Durante o acto de presentación desta Bandeira, a máxima responsábel do Deporte Galego ofreceu toda súa colaboración para que o "deporte feminino" continúe avanzando cara a súa igualdade co deporte masculino, malia que recordou que todavía hoxe se están producindo exemplos de descriminación ao deporte feminino.

"Quero darlle a noraboa a Marcha Mundial das Mulleres polo seu traballo na loita pola igualdade no eido do deporte. De todos modos todavía hai moito que traballar e avanzar xa que hoxe en día continuamos vivindo algunhas discriminacións como a que está sufrindo a remeira de Astillero Biki, polo que é preciso que sigamos loitando para facer visibel o traballo de moitas mulleres no eido do deporte", sinalou Marta Souto.

Na misma liña que a directora xeral se expresou o alcalde do concello de Bueu, Félix Juncal, quen resaltou a importancia de que o deporte feminino teña o mesmo "status" que o masculino.

"Para Bueu é unha enorme satisfacción poder colaborar na organización desta regata, xa que ademais de ter un carácter deportivo tamén reinvindica o papel da muller no deporte, e máis nunha modalidade de tanta tradición como é o remo. Por iso, estamos ante unha boa oportunidade para darlle ao deporte feminino o mesmo status que o masculino", declarou o alcalde de Bueu.

Unhas reivindicacións ás que tamén se sumou a representante da Marcha Mundial das Mulleres, Mari Luz, que recoñeceu que no deporte séguese a ver a desigualdade entre homes e mulleres.

"O deporte é un ámbito onde a muller apenas tivo cabida ao longo da súa historia. Os estereotipos adxudicados á muller seguen dalgún xeito estando vixentes na actualidade nos medios de comunicación e por iso é preciso reivindicar o papel tradicional da muller no eido do deporte para rematar con esta desigualdade".

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com