11-07-2008

|
 Real Club Náutico de Vigo, nunha regata desta tempada |
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
| Este domingo, 13 de xullo, dispútase a XXVII Bandeira El Corte Inglés, dende as 13 horas e en augas da Ría de Vigo. Regata de traiñeiras organizada pola Federación Galega de Remo e o Real Club Náutico de Vigo, en colaboración co Excmo. Concello de Vigo. A Bandeira El Corte Inglés, quinta da Liga Galega de Traiñeiras 2008 (o sábado ten lugar a cuarta en Rianxo, ás 17.30) contará coas cámaras da Televisión de Galicia en directo. Entre os moitos alicientes que posúe a regata, destaca o feito de que, logo das tres primeiras, Samertolameu de Meira, Náutico de Vigo e Chapela por esta orde, é dicir, tres tripulacións da ría viguesa, marcan a excelencia clasificatoria. E esa mesma Ría vai ser o escenario da súa deportiva pelexa deste domingo. A propósito da rivalidade, Franco Cobas, presidente do Real Club Náutico de Vigo, lembraba, durante a presentación da regata diante dos medios o pasado martes que "esta Regata é a maís antiga de Galicia. Recordo aquela primeira edición de 1982, a grande expectación que se había de manter en anos posteriores, a sa rivalidade que enchía de xente os peiraos vigueses...". Das 26 bandeiras El Corte Inglés disputadas, Samertolameu gañou 11 e este ano é favorita, quizais o domingo chegue á súa primeira ducia. Franco Cobas, ademais, aconsellou: "A mellor ubicación para seguir a proba é o peirao norte do porto deportivo do Náutico". Engade o presidente da Sociedade viguesa que os seus remeiros queren gañar este ano a Liga, así que, xogando máis na casa ca ninguén, o domingo poderían ter a oportunidade de acurtar diferenzas con respecto aos moañeses de Meira. "O banquillo é moi importante nunha competición con 18 bandeiras, algunhas en xornadas consecutivas, e Samertolameu tamén posúe banquillo".
Lembremos que a Liga Galega de Traiñeiras 2008 componse de 18 regatas distribuidas por toda Galicia, agás unha na comunidade asturiana. Logo do próximo domingo, restarán as seguintes: Bandeira Príncipe de Asturias (19 de xullo, Castropol), Bandeira Concello do Grove (20 de xullo, O Grove), Bandeira Concello de Poio (26 de xullo, Poio), Bandeira Concello de Muros (27 de xullo, Esteiro), clasificatoria Bandeira Teresa Herrera (2 de agosto, A Coruña), Bandeira Teresa Herrera (3 de agosto, A Coruña), Bandeira Concello de Vilagarcía (10 de agosto, Vilagarcía), Bandeira Concello de Pontevedra (16 de agosto, Pontevedra), Bandeira Concello de Vigo (17 de agosto, Vigo), Bandeira Concello de Cangas (23 de agosto, Cangas), Bandeira Concello de Moaña (24 de agosto, Meira, Moaña), Bandeira Concello de Redondela (30 de agosto, Chapela, Redondela) e Bandeira Cidade de Ferrol (31 de agosto, San Xurxo, Ferrol).
XXVII Bandeira El Corte Inglés de traiñeiras, no corazón da excelencia
|