futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > piragüismo > Remo

A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico en Rianxo

13-07-2008

 

A traiñeira do Real Club Náutico de Vigo en Rianxo, onde venceu.
Previous - Next


Autor:


Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés 13-07-2008 Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés
Samertolameu de Meira tomou este mediodía deportiva pero cumprida vinganza da derrota sufrida na tarde de onte en Rianxo. Na vila natal de Castelao, os de Moaña remataran na...
XXVII Bandeira El Corte Inglés de traiñeiras, no corazón da excelencia 11-07-2008 XXVII Bandeira El Corte Inglés de traiñeiras, no corazón da excelencia
Este domingo, 13 de xullo, dispútase a XXVII Bandeira El Corte Inglés, dende as 13 horas e en augas da Ría de Vigo. Regata de traiñeiras organizada pola...
 

A XXVII Bandeira El Corte Inglés, que se disputa este domingo en Vigo, adquire aínda máis atractivo porque na tarde do sábado, na Bandeira de Rianxo, o Real Club Náutico de Vigo, plantoulle cara a Samertolameu de Meira na cuarta proba da Liga Galega de Traiñeiras e logrou impoñérselle. Os de Moaña sumaban tres triunfos noutras tantas regatas e agora quizais comezen a xurdirlles as dúbidas sobre a súa absoluta superioridade. Ademais, Náutico xoga na casa este domingo.
Tamén Mecos mostrou o sábado a súa progresión na Liga cun merecido terceiro posto, por diante de Rianxo, Chapela e Esteirana.
Ás 17.30 horas deu comezo a competición na localidade coruñesa. C.R. Vilaxoán, C.R. Vila de Cangas e C. R. San Felipe foron os primeiros en ver a saída. Logo das tres viradas, Vilaxoán levouse a quenda, oito segundos por diante de Vila de Cangas e vinte por enriba dos rapaces de San Felipe.
Na segunda tanda, dous minutos despois da primeira, sairían Amegrove C. R., C.R. Coruxo, e C. M. Bueu. Coruxo e Amegrove desmarcáronse de Bueu logo da segunda virada. Ao final foi Coruxo o que conseguiu rematar a quenda en primeira posición; Amegrove chegou a meta cinco segundos despois e Bueu pechou a manga.
C. R. A Cabana, C. R. Ares, C. R. Puebla, A. D. Esteirana e C. Regatas Perillo comezaron a competir ás 18.00 horas na terceira quenda. O mellor tempo entre os catro participantes foi o marcado por Esteirana, que se colocaba á cabeza da clasificación momentaneamente; tras el chegou Puebla e moi preto del Perillo. A Cabana e Ares quedaron terceiro e cuarto respectivamente na tanda.
A derradeira quenda do día quedaba reservada para os mellores da Liga. C. R. Rianxo, S. D. Samertolameu, R. C. Náutico de Vigo, C. R. Chapela e C. R. Mecos mostraron a súa calidade cunha regata moi competida. Despois dunha saída nula, as embarcacións comezaron a competir. Náutico de Vigo tomou vantaxe sobre Samertolameu na primeira baliza, e conseguiu aumentarla na segunda delas –catro segundos por diante dos de Meira-; na terceira, a distancia seguiu aumentando. Porén, Samertolameu recuperouse e disputou man a man os derradeiros metros co Náutico. Finalmente, por pouco máis de 20 décimas de segundo, os de Vigo pasaron por diante a liña de meta.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com