futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > piragüismo > Remo

Golpe de autoridade de Samertolameu na XXVII Bandeira El Corte Inglés

13-07-2008

 

Os remeiros de Samertolameu coa súa última Bandeira El Corte Inglés. E van doce.


Autor:


A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico en Rianxo 13-07-2008 A Bandeira El Corte Inglés de Traiñeiras dispara o seu interese logo de gañar o Naútico...
A XXVII Bandeira El Corte Inglés, que se disputa este domingo en Vigo, adquire aínda máis atractivo porque na tarde do sábado, na Bandeira de Rianxo, o Real Club...
XXVII Bandeira El Corte Inglés de traiñeiras, no corazón da excelencia 11-07-2008 XXVII Bandeira El Corte Inglés de traiñeiras, no corazón da excelencia
Este domingo, 13 de xullo, dispútase a XXVII Bandeira El Corte Inglés, dende as 13 horas e en augas da Ría de Vigo. Regata de traiñeiras organizada pola...
 

Samertolameu de Meira tomou este mediodía deportiva pero cumprida vinganza da derrota sufrida na tarde de onte en Rianxo. Na vila natal de Castelao, os de Moaña remataran na segunda praza, superados pola traiñeira do Real Club Náutico de Vigo, que hoxe competía na casa, e de paso perderan a imbatibilidade logo de tres vitorias noutras tantas regatas.
Pero este domingo, en Vigo, na disputa da XXVII Bandeira El Corte Inglés, quinta da Liga Galega de Traiñeiras 2008 e organizada polo Real Club Náutico de Vigo, Meira retomou a súa habitual carreira de triunfos e dobregou aos rivais nunha carreira un tanto atípica se nos atemos á clasificación final do segundo posto en adiante e en comparación coas tres primeiras probas, sobre todo; quizais a culpa tívoa un inesperado vento do norte que irrompeu no campo de regatas a partir da segunda quenda e que prexudicou ás mellores traiñeiras, que eran as que daquela faltaban por saír.
Que Samertolameu gañe a ninguén sorprende. Pero si resulta chamativa a 5ª praza da embarcación do Real Club Náutico de Vigo, a mesma que unhas horas antes vencera en Rianxo e que, ademais, este domingo xogaba en feudo propio. Ese vento do norte, si, pero quizais tamén a escaseza de banquillo. Xa o apuntaba Franco Cobas, presidente do Náutico días atrás, cando foi da presentación desta Bandeira: "Nunha Liga de 18 regatas, algunhas en días consecutivos, é fundamental contar cun bo número de remeiros en plantilla". Pois iso; Náutico pagou o gran esforzo do sábado.

Así, pois, velaquí a clasificación final da XXVII Bandeira El Corte Inglés, por certo, a máis antiga de Galicia: 1ª Samertolameu; 2ª, Amegrove; 3ª, Rianxo; 4ª, Perillo; 5ª, Náutico de Vigo; 6ª, Bueu; 7ª, Chapela; 8ª, Ares.
Arredor das 13.30 tivo lugar a entrega de galardóns en fronte do edificio social do Náutico de Vigo. Presenza activa no acto de Pati Blanco, Director de Relacións Externas de El Corte Inglés; de Xabier Alonso, Concelleiro de Deportes; e de Ramón Ojea, Comodoro do club organizador.
Un total de 12.000 euros en premios e a 12ª Bandeira El Corte Inglés (na foto) que atravesa a Ría para instalarse por sempre en Meira.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com