27-06-2008
O Real Club Celta presentou este xoves a dous novos reforzos: o mediocampista Roberto Trashorras e o gardameta Falcón
O lugués Roberto Trashorras Gayoso naceu en Rábade o 28 de febreiro de 1981, mide 1.79 e pesa 71 quilos. Formouse nas categorías inferiores do FC. Barcelona, club ao pertenceu ata 2003. Chegou a debutar co primeiro equipo e mesmo a xogar Liga de Campións co Barcelona. Na tempada 2003/2004 asinou polo Real Madrid, onde militou no equipo filial. Na 2005/2006 xogou no Numancia, equipo no que xogou 12 partidos e anotou un gol. A continuación pasou a defender a camisola amarela da Unión Deportiva As Palmas, onde, na tempada 2006/07, participou en 35 partidos e anotou 8 goles; e, na que vén de rematar, tamén no Insular, 31 actuacións e 3 tantos. Trashorras foi internacional nas distintas categorías inferiores da Selección Española, ata a Sub-21, e é un fixo na selección Galega.
Ismael Gómez Falcón naceu en Cádiz o 24 de abril de 1984. 1,85 de estatura e 78 quilos de peso. Comezou a xogar na Unión Deportiva Gaditana, de onde, con 14 anos, pasou ás categorías inferiores do Cádiz. Chegou ao filial cadista na tempada 2.000/2.001. Pero dous anos antes, aínda no B, xa fora convocado co primeiro equipo do club gaditano. Na campaña 2003/2004 fichouno o Atlético de Madrid para o seu filial, onde permaneceu ata a 2005-2006. Ese mesmo ano, debutou co primeiro equipo colchoneiro. No exercicio 2006/2007 recalou no Hércules, cedido polo Atlético, onde completou 11 partidos. E, na que acaba de rematar, disputou seis partidos de Copa do Rei co Atlético de Madrid.
|