futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > futbol > RC Celta

Noguerol: "É un erro comezar a falar de obxectivos"

03-07-2008

 

Francisco Noguerol


Autor:


Canobbio cambia Vigo por Valladolid 06-07-2008 Canobbio cambia Vigo por Valladolid
O mediapunta uruguaio do Real Club Celta, Néstor Fabián Canobbio, deixa Vigo. Logo de catro tempadas, que inclúen un ascenso ao que el contribuíra con 12 goles, unha...
Trashorras e Falcón, reforzos para o Celta 2008-2009 27-06-2008 Trashorras e Falcón, reforzos para o Celta 2008-2009
O Real Club Celta presentou este xoves a dous novos reforzos: o mediocampista Roberto Trashorras e o gardameta FalcónO lugués Roberto Trashorras Gayoso naceu en Rábade o 28 de...
 

Hoxe foi presentado en Balaídos unha das fichaxes do Real Club Celta para a vindeira tempada: Francisco Noguerol (San Cristovo de Cea, 09/07/1976), quen xa militara no equipo vigués hai uns anos. O defensa central compareceu diante dos medios na compaña do director deportivo, Ramón Martínez, e do conselleiro da entidade, Pedro Posada. Velaquí o máis destacable das declaracións do ourensano:

-"Este era un tren que eu non podía deixar pasar; nin eu nin creo que xogador algún de Segunda pode desperdiciar unha oportunidade coma esta, e estou encantado. Para min era imposible dicirlle que non ao Celta. Ademais, seguro que imos ter un equipo competitivo".

-"Si, tiña outras ofertas, por fortuna. Estaban o Albacete, o Nástic...Incluso, no aspecto económico algunha era superior á do Celta; pero para min regresar é moi especial, e non só polo feito de ser galego e ter saído desta canteira. O Celta é o Celta, o seu nome dío todo".

-"Gústame moito a miña profesión, gústame xogar ao fútbol e eu comprométome alá onde estea (...). Téñome por un xogador de equipo que vai facer todo para que ao Celta lle vaia o mellor posible".

-"Penso que é un erro comezar a falar de obxectivos. Agora mesmo, o primeiro é confeccionar unha plantilla. Cando o equipo estea feito e comeze a pretempada, teremos que facer grupo, valor moi importante en Segunda. Se a iso engadímoslle a calidade que, seguro, vai ter este equipo, daquela teremos moito camiño andado. Pero obxectivos, e máis coa experiencia do pasado ano, non é positivo marcalos xa".

-"Son mellor xogador agora que cando saín de aquí, estou moito máis formado. Pasaron sete anos na Segunda División, afortunadamente xogando moitos partidos, con bastante regularidade. A Segunda curte moito. Sí, coido que son mellor xogador en todos os sentidos, pero teño que demostralo no campo (...). Confío nas miñas posibilidades e, aínda que estea feo dicilo, penso que o Celta se trae a un bo xogador, creo que lle podo dar un bo rendemento a este equipo".

-"A situación económica do club? En ningún momento tiven a menor dúbida de que se está a facer o mellor para o Celta. Seguramente, o proceso concursal asuste máis por descoñecemento que polo seu significado real. Velaí están os casos de equipos que en datas recentes entraron nesa Lei e agora están en Primeira; As Palmas conseguiu sanear a súa débeda... Non teño ningún problema, se a xente que está a dirixir o club dá ese paso é porque consideran que é o mellor para o Celta".

-"Teño corda de abondo. De cada vez gozo máis coa miña profesión e valoro máis o que teño. Respectáronme moito as lesións. Seguro que estes dous anos (tempo polo que acaba de asinar co Celta) non van ser os derradeiros; oxalá que poida seguir aquí ata o remate da miña carreira".

-"Da actual plantilla coñezo a Borja Oubiña xa que, cando eu estaba no primeiro equipo, el xa despuntaba abaixo e comezaba a adestrar con nós. E, tamén, a través da Selección Galega, teño relación con Rubén, Trashorras, Roberto Lago e Jonathan Vila".

Noguerol: "É un erro comezar a falar de obxectivos"

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com