futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > fútbol sala

Redondela celebrará o vindeiro domingo a súa Fase Local de fútbol sala

23-02-2008

 



Autor:


02-03-2008 A “Irmandiña” de fútbol sala xa golea
O 29 de febreiro pasará a historia do fútbol sala galego como o día do debut da selección galega de fútbol sala, un feito que quixeron agradecer tanto os xogadores como o corpo técnico de Galicia, xa...
 

Redondela celebrará o vindeiro domingo a Fase Local de fútbol sala do Torneo, organizado pola Fundación coa colaboración do Concello de Redondela.

O acto de presentación contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Redondela, Carlos González, o Concelleiro de Cultura, Eduardo Reguera, e dun dos Directores Deportivos da competición, José Manuel Lobato.

O Pavillón do Concello de Redondela será o escenario dos triangulares feminino e masculino de fútbol sala sub 19, dos que sairán os dous equipos que se clasifiquen para a Fase Comarcal do Torneo.

A xornada comezará coa disputa do triangular correspondente á categoría feminina. O primeiro encontro será o que disputen a SD Pazos e o Arealonga FS, ás 10.30 horas. Media hora máis tarde o CRC Redondela xogará co perdedor deste primer partido e, ás 11.30 horas, mediráse ao gañador. O conxunto que maior número de puntos consiga tras a disputa do triangular, acadará o pase á Fase Comarcal da Compostela Cup do Camiño 2008.

O compromiso entre o Redondela FS “B” e o Cabeiro FS abrirá, ás 12.00 horas, o triangular da categoría masculina. Media hora máis tarde o Redondela FS “A” enfrontarase ao perdedor do primeiro encontro e, á unha da tarde, ao gañador. Ao igual que na eliminatoria da categoría feminina, o equipo que maior número de puntos acade accederá á Fase Comarcal do Torneo.

Cómpre lembrar que a Compostela Cup do Camiño é unha competición que une deporte e lecer ao longo dos Camiños que chegan a Santiago, para nenos e nenas de entre 8 e 19 anos de todas as nacionalidades. O Torneo ten a finalidade de fomentar a convivencia entre os seus participantes e o soño dun mundo mellor, sen fronteiras nin atrancos culturais o de raza até chegar a Compostela, onde se desenvolverá a Fase Final Internacional o vindeiro verán.
 Breves
 
Powered by: PHPCow.com