futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > fútbol sala

A “Irmandiña” de fútbol sala xa golea

02-03-2008

 



Autor:


23-02-2008 Redondela celebrará o vindeiro domingo a súa Fase Local de fútbol sala
Redondela celebrará o vindeiro domingo a Fase Local de fútbol sala do Torneo, organizado pola Fundación coa colaboración do Concello de Redondela.
 

O 29 de febreiro pasará a historia do fútbol sala galego como o día do debut da selección nacional, un feito que quixeron agradecer tanto os xogadores como o corpo técnico de Galicia, xa que era un vello soño do noso fútbol sala.


FICHA TÉCNICA: 

6 Galicia: Toni, Pola, Manu, Juan Puertas e Pitu –cinco inicial- Adri, Edu, Juanma, Revilla, Edu García, Oscar Vivian, Canoli, Pablo, Víctor e Pana.  

1 Uruguai: Barros, Rodríguez, D´Alessandro, Moliterno e Blankleider –cinco inicial- Castro, Dinolfi, Mato, Fabián Hernández, Laurino, Sena, Carlos Pérez e Santana.  

Goles: 1-0 min.5 Oscar Vivian; 2-0 min.23 Pana; 3-0 min.23 Pana; 4-0 min.24 Pana, 4-1 min.26 Moliterno; 5-1 min.27 Manu; 6-1 min.37 Pola.  

Árbitros: Cid Bragado e Sande Veiga –principais- e Rocio Melón. Expulsaron ao galego Pitu e ao uruguaio D´Alessandro, ambos no minuto 37, con tarxeta vermella directa. 


Nas bancadas, completamente abarrotadas de seareiros, os rapaces e rapazas das categorías inferiores dos clubs do país puxeron o colorido e non pararon de animar aos xogadores dos dous equipos durante os corenta minutos.

Ese calor da bancada recibírono rapidamente os xogadores galegos. Os pupilos do tándem Bruno García-Javier Pardeiro, moi motivados, dominaron o encontro dende o inicio do choque, e ese dominio moi pronto viuse reflectido no electrónico cun gol do xogador do Ourense Oscar Vivian, desatando a tolemia dos catro mil seareiros que encheron as bancadas da Malata.

Co paso dos minutos, o espectáculo foise trasladando ás bancadas, onde as bandeirolas galegas empezaron a ondear ao ritmo dos cánticos dos seareiros achegados de todo o país, mostrando un ambiente espectacular que reviviu os tempos gloriosos da Malata.

Na segunda metade, trala exhibición que deron no descanso as integrantes do grupo de danza Esquío, Galicia sentenciou o choque nun minuto con tres goles do ferrolán Juan Pana.

Cun contundente catro a cero no marcador, a tensión apareceu no encontro. Uruguai, doída no seu orgullo, optou por empregarse con dureza para deter ao vendaval galego, provocando que se vivira nalgúns roces entre os xogadores das dúas seleccións. 

Pero a tensión, froito das gañas de vencer, non foi a máis ca iso e non impediu que A Malata seguise sendo unha festa. A onda apareceu nunhas bancadas que seguiron gozando do fútbol de calidade, con tres goles máis, e que despediron aos futbolistas galegos cunha sonora ovación e cantando o himno galego.  
 
 
 
 
 
 
 
 
 



 
 

 

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com