![]() | |||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Home Page > baloncesto > Rc Celta Vigourban | |||||||||||||||||
HondarribÃa e Extrugasa, primeiros rivais na Liga para o Celta feminino | |||||||||||||||||
15-07-2008
Xa se coñece o calendario 2008-09 da Liga de baloncesto feminino, logo do sorteo celebrado onte na sede federativa, en Madrid. Nesa competición, a máxima dentro do deporte feminino da canasta en España, xogan Real Club Celta de Vigo e Extrugasa de Vilagarcía de Arousa. Velaquí a 1ª xornada dunha competición que comezará o 4 de outubro: CB. Olessa Espanyol - CB. San José Perfumerías Avenida - Cadí La Seu d´Urgell Ciudad Ros Casares - Joventut Mariana Gran Canaria - Extrugasa Real Club Celta - Hondarribía Irún Estudiantes - Rivas Futura EBE Ibiza - Mann Filter Zaragoza O primeiro enfrontamento entre vilagarciás e viguesas chegará pronto, na 2ª xornada, o 8 de outubro e en Vilagarcía; o duelo en Vigo, o 17 de xaneiro de 2009. Segundo o calendario, a Copa da Raíña será en marzo, días 6, 7 e 8; e o play-off polo título de Liga, 18, 22 e, eventualmente, 25 de abril. Plantilla xa pechada Polo que respecta ao Real Club Celta, o 1 de xullo anunciábase dende o club que, coa fichaxe da aleiro serbia Milica Beljanski, a plantilla quedaba completa e pechada. Daquela, pois, o adestrador Miguel Méndez terá a estas dez xogadoras profesionais ás súas ordes para a vindeira tempada: Bases: GEMA GARCIA, MAJA MILJKOVIC. Aleiros: ALBA TORRENS, PILAR VALERO, BLANCA MARCOS, MILICA BELJANSKI. Pívots: LAURA NICHOLLS, AGNE CIUDARIENE, IVA SLISKOVIC, DRAGANA SVITLICA. | |||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |