02-07-2008

|
 O Renault Megane do Team Mayador (con José MarÃa Magdaleno) que competirá en Cortegada dende o venres. |
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
|
Os afeccionados galegos ao motor volven estar de noraboa. Os próximos 4,5 e 6 de xullo celébrase a VIII edición da Subida á Vila de Cortegada, proba fundamental no automobilismo galego de montaña e que agora xa entrou a formar parte do Campionato de España de Montaña. Dende 2006 a novidade máis destacable é o cambio de trazado, agora máis rápido na súa primeira parte, xusto onde se colocará o control de velocidade punta e o remate do primeiro parcial, cun pavimento de tres carrís en perfecto estado e gardarraíl ao longo de case todo o percorrido. Outra das novidades de 2006 que se manterá nesta é o control de velocidade punta, mencionado con anterioridade, na recta máis longa e un primeiro tempo parcial ata os 1.400 metros de carreira. Haberá tres clasificacións a maiores respecto da oficial: unha para a velocidade punta, outra para o primeiro parcial e outra para o segundo. A Subida á Vila de Cortegada dispón de accesos por Meta (Arnoia-Remuiño e Celanova-Cortegada) e por Saída (Arnoia-Cortegada).
|