07-07-2008

|
 Alberto Meira no recente Rallye de Ourense |
|
|
|
Autor:
|
|
| |
|
|
| |
|
Os próximos 11 e 12 de xullo dispútase o V Rallye Sur do Condado GEDAS, quinto do ano dos puntuables para o Campionato Galego con coeficiente 7 e que terá como epicentro Salvaterra de Miño. Durante o venres 11 terán lugar as verificacións; o sábado, a competición.
O Rallye, organizado pola Escudería Surco, mantén a estrutura das pasadas edicións, con dobre pasada polos 4 tramos, os mesmos da edición anterior con algún leve cambio neles. Tamén se mantén o número de quilómetros cronometrados que é de 89,32; os quilómetros totais son 298,55. O esquema dos tramos é o seguinte: TC-A Desgüaces Gil (Arbo) 11,98 Km TC-B Electricidad Condado (Ponteareas) 11,98 Km TC-C Sermiño- Yáñez (Salceda de Caselas) 11,80 Km TC-D Talleres Mingos (Salvaterra de Miño) 8,90 Km
Como esta proba pertence ao Campionato Galego, convén lembrar o estado da clasificación logo de 4 Rallyes disputados: 1º Pedro Burgo, 735 puntos. 2º Luis Vilariño, 565 puntos. 3º Pablo Rey, 516 puntos. 4º Alberto Meira, 486 puntos. 5º Fernando Rico, 476 puntos.
O Rallye Sur do Condado significa, pois, unha excelente oportunidade para que Alberto Meira, piloto de Vincios (Gondomar), e o seu copiloto Álvaro Bañobre tenten recuperar posicións cara ás posteriores probas. “Este é un rallye moi especial para todo o equipo, pódese dicir que é a cita do Campionato Galego que corremos na casa. Gústannos os tramos e agardo que poidamos estar entre os mellores. O obxectivo, como vén sendo habitual durante a presente tempada, é tentar vencer no grupo N onde Luis Vilariño está a ser o noso maior rival", indica Meira.
Agárdase que a calor sexa unha protagonista máis da carreira, como adoita suceder, o que pode ser importante cara ás prestacións dos vehículos turbo. "Coches coma o noso perden algo de rendemento coa calor, xa que varía a densidade do aire e a mestura empobrécese. Acertar cos pneumáticos será moi importante", engade para rematar o piloto de Vincios.
|