![]() | |||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Home Page > motor | |||||||||||||||||
Alberto Meira remata segundo o Rallye Sur do Condado, por detrás de Burgo | |||||||||||||||||
13-07-2008
O lucense Pedro Burgo e o seu copiloto (e irmán) Marcos Burgo (Mitsubishi Lancer), Grupo A, cun tempo total de 49' 22" son os gañadores do V Rallye Sur do Condado Gedas, cuxo primeiro tramo, en Arbo, foi neutralizado por falla de seguridade. Pola súa banda, Alberto Meira, o piloto de Vincios, e o seu copiloto Álvaro Bañobre (Mitsubishi Lancer), acadaron a segunda praza na xeral e a primeira dentro do grupo N, a 1' 22". Terceira praza para Pablo Rey e Carlos Ameneiro (Mitsubishi Lancer), a 1' 46". O cuarto lugar acádano Luis Vilariño e Ramón López (Fiat Grande Punto), a 2' 11". Quinto posto, Carlos Araújo e José Carlos Rodríguez (Mitsubishi Lancer), a 3' 17". Sextos, Fernando Rico e Sergio Martínez (Mitsubishi Lancer), a 3' 24". Sétimos, Eloy Rodríguez e Jorge Solleiro (Mitsubishi Lancer), a 3' 26". Oitavos, Rodrigo Rodríguez e Abrahám Riveiro (Citroën Saxo), a 4'. Novenos, Rubén Domínguez e Cristina Mosquera (Peugeot 106 GTI), a 4' 01". Décimos, Javier Martínez e Sandra Montoto (Renault 5 GT Turbo), a 4' 16". Ata completar unha listaxe de 82 pilotos que remataron a proba. Así vai o Campionato Galego: 1º Pedro Burgo 735 pts 2º Luis Vilariño 697 pts 3º Alberto Meira 666 pts 4º Pablo Rey 660 pts 5º Fernando Rico 572 pts (Clasificación non oficial. Pendente confirmación FGA ) | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |