![]() | |||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Home Page > golf | |||||||||||||||||
Javier MartÃnez e Cristina GarcÃa impuxéronse no Torneo de Golf do Aero Club | |||||||||||||||||
03-07-2008
Esta pasada fin de semana disputouse no Real Aero Club de Vigo a terceira edición do Torneo de Golf patrocinado polas empresas Altráns e Brigal. Xogouse na modalidade individual, fórmula stroke play, coa totalidade do hándicap, e os 108 participantes repartíronse en dúas categorías: a 1ª, ata hándicap 16 de xogo; 2ª, de 17 en adiante. Había premios para os catro primeiros de cada categoría. O tempo acompañou durante as dúas xornadas, e os 8 agasallados remataron os seus percorridos por debaixo do par do campo. E, por certo, en ambas as dúas categorías houbo que recorrer ao hándicap para desempatar. Así quedaron as respectivas clasificacións: 1ª Categoría: 1º Javier Martínez Lorenzo con 66 golpes netos, 4 baixo par 2º Jacobo Varela Vaamonde tamén con 66 golpes netos, 4 baixo par 3º Eduardo Rodríguez Regueiro con 67 golpes netos, 3 baixo par 4º Guillermo Barreras Larramendi con 69 golpes netos, 1 baixo par 2ª Categoría: 1ª Cristina García-Toriello con 64 golpes netos, 6 baixo par 2º Jaime Barreras González también con 64 golpes netos, 6 baixo par 3º Juan Antonio García-Toriello con 67 golpes netos, 3 baixo par 4º Coral Méndez Pérez también con 67 golpes netos, 3 baixo par Unha vez rematado o torneo, procedeuse á entrega de premios aos vencedores durante un cóctel ofrecido polos patrocinadores, Altráns e Brigal, a todos os participantes. Javier Martínez e Cristina García impuxéronse no Torneo de Golf do Aero Club | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Powered by: PHPCow.com |