Na tarde do sábado tivo lugar no circuito do Canal en Padrón unha nova edición do Trofeo Vila de Padrón que organizou o C.C.Padronés-Aluminios Cortizo.
Na jimkana participaron 18 ciclistas correspondéndolle a victoria a Alexandre Rodríguez (Muebles Compostela). 15 foron os alevíns participantes na carreira da súa categoría con victoria para Pedro Alvarez (Cambre-Frisonoble), na proba de infantís déronse cita 19 ciclistas e o triunfo foi para Xesús Blanco (Barbanza-Redesyl),na de cadetes particparon 52 corredores acadando a victoria Oscar González (Estradense-Hierros Diego) e nos junior, proba na que tomaron parte 46 ciclistas, levóuse a victoria o asturiano Pablo Collado (Cidade de Oviedo) que superou a Pedro Macía (Muebles Compostela) e a Iñaqui Eiras (Rosal-Hermanos Ozores).
Canto ás féminas, a portuguesa Ana Isabel Días (Spol-Caixanova) impúxose nas cadetes, a coruñesa Rocío Loureda (Klimanor) gañou entre as juniors e a lusa Esther Pereira (Spol-Caixanova) venceu nas elites.