futbol
f.sala
baloncesto
balonmano
piragüismo
hockey
Home Page > BREVES

Aos xogadores do Real Club Celta tócalles regresar ao traballo

17-07-2008

 



Autor:


16-07-2008 Iván Pozo acada o título Intercontinental WBO do peso mosca
Iván Pozo proclámase Campión Intercontinental do peso mosca da WBO logo de dobregar ao brasileiro Darli Gonçalves no primeiro asalto, dentro da velada disputada onte...
14-07-2008 Xuntanza na Federación Galega para tratar da I Copa Galicia de fútbol feminino
Este martes, 15 de xullo, as 13.00 horas, terá lugar nos locais da Federación Galega de Fútbol, na cidade de A Coruña, a reunión cos clubs participantes na I...
 

A primeira plantilla do Real Club Celta, que este ano adestrará Pepe Murcia, inicia hoxe a súa pretempada, se ben ata o próximo luns, 21 de xullo, non comezarán os adestramentos. As xornadas de xoves e venres están dedicadas ás probas médicas na clínica de Fátima, e sábado e domingo son días libres.
O luns, como xa quedou dito, inicio dos adestramentos na Madroa. Sábado, 26 de xullo, primeiro partido de pretempada en O Baltar de Portonovo diante do equipo local, ás 19.30. Dous días despois, comezo do stage en Melgaço; xoves 31, amigable nesa localidade portuguesa diante do At. Valdevez. Xa en agosto, o día 5, terceiro amigable, agora contra o G.D. Ribeirâo e de novo en Melgaço. O 6 remata o stage e o equipo volve a Vigo, mais regresa a Melgaço o domingo 10 durante unhas horas, co fin de disputar o Trofeo Ciudad de Melgaço fronte o Marítimo Funchal. Como é natural, dende ese 10 de agosto ata o día no que está previsto que a competición en 2ªA bote a andar, no caso do Celta diante do Girona en Balaídos, aínda restan outros amigables que se irán coñecendo.

 Breves
 
Powered by: PHPCow.com