O ciclista do Karpin Galicia, Eduard Vorganov volveu rozar a vitoria na
cuarta etapa da Volta a Asturias, cun terceiro posto na meta de Xixón,
por detrás de Ángel Rodríguez, que estreou o seu propio palmarés
profesional e o do seu equipo, o Fuerteventura. Juanjo Oroz (Orbea),
foi segundo. Vorganov, que xa ocupara esa praza na clásica de Almería,
formou parte dunha escapada de vintecinco corredores na que entrou
tamén o seu compañeiro de equipo Eladio Jiménez, decimosétimo.
| |
|
| Koldo Gil conserva o liderado a falta de derradeira etapa |
A etapa deparou máis complicacións das previstas para o líder, Koldo
Gil, que tivo que someter ao seu equipo a un forte desgaste para
manterse á fronte da clasificación xeral. E así e todo, ó final, foi
decisiva a colaboración que recibiu do Nicolás Mateos, Acqua Sapone e
Viña Magna.
A batalla presentouse dende a saída co salto sucesivo
de corredores, que no quilómetro quince formaban en cabeza de carreira
un grupo de once unidades, no que se atopaba Vorganov. Sobre o
quilómetro corenta saltaba Eladio Jiménez, polo lado do Karpin Galicia,
e á súa iniciativa fóronse sumando máis corredores, formándose no
quilómetro corenta e cinco un grupo ponte entre a cabeza e o pelotón de
catorce ciclistas. Estes dous grupos uniríanse no quilómetro cento un
para acabar rodando agrupados hasta a entrada de Xixón.
Só unha caída de Isasi (Euskaltel) e Olmo (Andalucía)
descompuxo un pouco o grupo no que Fuerteventura e Relax se empregaban
máis afondo nos relevos, pero tamén Vorganov se amosaba xeneroso. A
sete quilómetros da meta atacou Eladio Jiménez, aproveitando un pequeno
repeito, pero a escasa entidade do mesmo e a reacción do grupo anulou o
seu intento.
O grupo, sen embargo, acusou o golpe e non reaccionaría
ao seguinte ataque de Ángel Rodríguez. O ciclista do Fuerteventura
cobrou en pouco tempo unha vantaxe suficiente para asegurarse a
vitoria. Por detrás saltaron Oroz (Orbea) e Vorganov, pero a súa acción
só lles deu para alcanzar o segundo e o terceiro posto, en calquera
caso moi meritorios, nunha xornada de moito desgaste. O desenlace, na
etapa final entre Xixón e Oviedo.
Álvaro Pino: “Estivemos preto da victoria”
O director do Karpin Galicia, Álvaro Pino, mostrouse
satisfeito do traballo feito polos seus homes: “É certo que estivemos
preto da vitoria, pero en calquera caso era moi difícil, porque se
formou en cabeza de carreira un grupo moi numeroso, con demasiadas
rodas a vixiar. Buscou a vitoria Eladio Jiménez cun ataque cerca da
meta pero non había terreo para romper e os ciclistas do Relax
neutralizárono”.
| |
| Rodrigo García conseguiu o primeiro triunfo como profesional |
As opcións parecían todas para Ángel Vicioso, pero tralo ciclista do
Karpin Galicia, atacou Ángel Rodríguez e “ninguén saíu tras el. Sole
ocorrer. Estamos aí e veuse que Eladio Jiménez está recuperado xa dos
esforzos da Rioxa e do Naranco”.
Pino ve ben ao equipo na rolda asturiana. “Na etapa do
Acivro, Serrano puido meterse máis arriba, pero pinchou a cinco
quilómetros da meta. Hoxe perdemos a David Abal, pero puxérase enfermo
ao final da etapa anterior. Meteuse nunha fuga e baixando o porto
debeuno coller algo de frío, porque chegou mal ao hotel e pasou mala
noite. Pero véuselle ben durante toda a volta, quizais a un nivel
superior a todas as anteriores”, comentou por último.